Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
A Consellería de Industria e o Concello asinan o convenio que permitirá rematar o Edificio de Usos Múltiples do Polígono de Bértoa

PROXECTOS

A Consellería de Industria e o Concello asinan o convenio que permitirá rematar o Edificio de Usos Múltiples do Polígono de Bértoa

Martes 16 de setembro do 2008

O Concello de Carballo e a Consellería de Innovación e Industria formalizan o mércores 17 de setembro o convenio que establece as liñas de colaboración para executar o Proxecto de Acabados do Edificio Municipal de Usos Múltiples no polígono industrial de Bértoa. A Xunta de Goberno do día 15 deste mes deu o visto bo ao texto deste acordo co que a administración local pretende poñer en servizo un espazo de impulso para un parque empresarial "que está chamado a ser dinamizador da actividade económica da Costa de Morte", segundo consta no texto do propio convenio.

O FIOT acada a súa faciana máis internacional coa presenza de catro compañías de toda Europa

MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE

O FIOT acada a súa faciana máis internacional coa presenza de catro compañías de toda Europa

Luns 15 de setembro do 2008

A organización do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), integrada polo Concello de Carballo e a Asociación Cultural Telón e Aparte, está a ultimar os últimos detalles do programa que este ano constituirá a XVII edición do Festival, que nesta ocasión terá lugar durante todo o mes de outubro -entre o 4 de outubro e o 1 de novembro- e que acada a súa faciana máis internacional coa presenza de compañías chegadas de diversos puntos de todo o continente europeo.

O Concello adxudica o contrato para a renovación dos parques de xogos infantís municipais

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello adxudica o contrato para a renovación dos parques de xogos infantís municipais

Luns 15 de setembro do 2008

A Xunta de Goberno Local adxudicou na súa sesión ordinaria do 15 de setembro o contrato de ‘Subministro e montaxe de xogos infantís para parques municipais no municipio de Carballo’. Trátase dunha adxudicación provisional que ten un custo aproximado que supera os 40.000 euros. Con esta medida, o Concello ten previsto emprender un proceso para renovar os aparellos de xogos, especialmente nas principais zonas verdes do casco urbano, como son o Parque do Anllóns e o Xardín Municipal. O obxectivo é que as instalacións poidan estar colocadas ao longo do próximo outono. Dende a Concellaría de Obras e Servizos que dirixe Luís Lamas explican que teñen realizado unha selección de equipos lúdicos adaptados á normativa e ás idades dos nenos e nenas que os van empregar.

O pub-rock, o pop máis refinado ou os sons de garaxe conforman a oferta da décimo primeira edición do Xiria Pop

XUVENTUDE

O pub-rock, o pop máis refinado ou os sons de garaxe conforman a oferta da décimo primeira edición do Xiria Pop

Xoves 11 de setembro do 2008

Despois dunha década, o Xiria Pop chega no seu mellor estado de forma á súa edición de 2008, na que, pese á caída de The Zombies, conta cun cartel moi atractivo que fai que o festival figure entre as revistas musicais de máis sona e que xa sexa unha cita de referencia nos circuítos. Os días 19 e 20 de setembro a Sala Dublín acolle este cúmulo de actuacións nas que destacan grupos como os británicos Ducks Deluxe -que visitan por primeira vez España- ou como o polifacético artista norteamericano Ben Vaughn. Completan a oferta agrupacións como The Cheeks, The Meows, Ross ou Bubblegum. Dende Galicia, e para exercer de teloneiros, chegan Quant -de Ferrol- e dende terras coruñesas os aires rockabilly de The Loveless Cousins.

O lema ‘Camiña pola túa saúde’ preside o programa de rutas de sendeirismo ‘Pasiño a pasiño’

CARBALLO SAUDABLE

O lema ‘Camiña pola túa saúde’ preside o programa de rutas de sendeirismo ‘Pasiño a pasiño’

Mércores 10 de setembro do 2008

O Concello carballés -dentro do programa ‘Carballo Saudable’- organiza un programa de rutas de sendeirismo denominado ‘Pasiño a pasiño. Rutas Saudables’, baixo o lema ‘Camiña pola túa saúde’. Trátase dunha actividade dirixida a veciños e veciñas de todas as idades que non presenten contraindicacións para facer exercicio físico e que se apunten para realizar andainas polos principais puntos naturais e de interese do municipio. Outro dos obxectivos da iniciativa e fomentar as inscricións en familia ou de grupos de diferentes idades para que se animen a practicar exercicio.

O Concello de Carballo formaliza a cesión da parcela para a Galescola unha vez rematada a exposición pública

SERVIZOS

O Concello de Carballo formaliza a cesión da parcela para a Galescola unha vez rematada a exposición pública

Mércores 10 de setembro do 2008

O Concello carballés ratifica hoxe a cesión dunha parcela de 2.500 metros cadrados para a construción dunha Galescola no entorno da estrada de Razo despois de que teña rematado o período de exposición pública sen que se rexistraran alegacións. Este novo servizo estará implantado no polígono urbano número 19, dentro da rede de oito novas rúas da urbanización que a promotora Riotorto está desenvolvendo neste entorno.

Arrinca a construción do centro de día da praza de Vigo co movemento de terras

PROXECTOS

Arrinca a construción do centro de día da praza de Vigo co movemento de terras

Martes 9 de setembro do 2008

Dende primeiros deste mes de setembro os operarios xa están realizando os movementos de terras necesarios para emprender os traballos de construción do futuro centro de día da praza de Vigo. As novas instalacións estarán situadas nuns terreos anexos á actual residencia para a terceira idade e complementarán os servizos deste centro de maiores. Estes solares foron cedidos no seu día á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para que puidera dotar a Carballo deste servizo.

O programa Concilia e ‘Carballo Saudable’ únense para favorecer a alimentación equilibrada entre os máis cativos

ALMORZOS SAUDABLES

O programa Concilia e ‘Carballo Saudable’ únense para favorecer a alimentación equilibrada entre os máis cativos

Venres 5 de setembro do 2008

O programa Concilia e ‘Carballo Saudable’ van da man o próximo curso escolar coa posta en marcha dos ‘Almorzos saudables’, unha iniciativa coa que se pretende mellorar a nutrición e a alimentación dos nenos e nenas do municipio, facendo fincapé nunha das comidas máis importantes do día, e á vez unha das máis descoidadas, como é o almorzo. Así, ademais de tentar axudar a compatibilizar a vida laboral e familiar coa acollida dos alumnos dos centros escolares do municipio fóra do horario lectivo, o Concilia tamén pretende este curso reforzar e incidir na modificación dos hábitos alimenticios dos nenos e nenas, introducindo novos alimentos e xeitos de preparación.

A educación maternal, a hixiene postural ou o benestar sexual e afectivo son algunhas das claves das ‘Xornadas de Saúde para Mulleres’

CARBALLO SAUDABLE

A educación maternal, a hixiene postural ou o benestar sexual e afectivo son algunhas das claves das ‘Xornadas de Saúde para Mulleres’

Venres 5 de setembro do 2008

A partires do próximo 15 de setembro as mulleres do municipio de Carballo poderán contar cun programa específico destinado a coidar a súa condición física e mental a través das ‘Xornadas de Saúde para Mulleres’. Mediante varios cursiños e charlas, e dentro do programa ‘Carballo Saudable’, as beneficiarias poderán reflexionar sobre os prexuízos para o seu benestar e tentar atopar os mecanismos para combater estas situacións con actividades destinadas a educar sobre a saúde mental, a saúde no fogar, a saúde sexual e afectiva ou incluso con clases de preparación para a educación maternal.

O Proxecto Forum Carballo pasa pola súa presentación definitiva en Madrid

DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

O Proxecto Forum Carballo pasa pola súa presentación definitiva en Madrid

Venres 5 de setembro do 2008

Esta semana o Proxecto Forum Carballo recibiu no Ministerio de Administracións Públicas en Madrid a súa presentación definitiva, quedando xa pechados todos os detalles desta iniciativa de dinamización socioeconómica e sostible que permitirá rematar o complexo da Casa dos Oficios no barrio da Milagrosa, ademais de impulsar outras actuacións. Finalmente, o proxecto suporá unha inversión total de 4.658.185 euros -que se dividirá en catro anualidades entre 2008 e 2011- para a que os fondos europeos Feder aportarán o 70 por cento (3.260.729 euros) e o Concello de Carballo o 30 por cento (1.397.455 euros).

Comezan os traballos de asfaltado de camiños das parroquias de Artes, Rus e Cances incluídas no POS de 2008

OBRAS

Comezan os traballos de asfaltado de camiños das parroquias de Artes, Rus e Cances incluídas no POS de 2008

Xoves 4 de setembro do 2008

Ao longo desta semana comezaron as obras do proxecto incluído no Plan de Obras e Servizos (POS) de 2008 que consiste no asfaltado e acondicionamento dunha pista que conecta as parroquias de Artes e Rus. Dende a Concellaría de Obras que dirixe Luís Lamas anuncian que tamén está previsto que hoxe -4 de setembro- principien os traballos de acondicionamento dunha pista en Cances, tamén con cargo ao POS da Deputación provincial.

Os obradoiros de ‘Ciencia divertida’ conciencian aos veciños e veciñas de Carballo do coidado da natureza e da loita pola sustentabilidade

MEDIO AMBIENTE

Os obradoiros de ‘Ciencia divertida’ conciencian aos veciños e veciñas de Carballo do coidado da natureza e da loita pola sustentabilidade

Xoves 4 de setembro do 2008

O Concello carballés, a través da Concellaría de Medio Ambiente que dirixe José Antonio Viña, pon en marcha unha iniciativa que pretende educar na sustentabilidade e no coidado da natureza coa organización de varios circuítos experimentais e obradoiros educativos dirixidos para toda a cidadanía. O sábado 6 de setembro comezan estas actividades, que a partir das 11.00 horas -e levadas a cabo pola empresa 'Ciencia divertida'- encherán a Praza do Concello de información sobre a prevención da seca, o cambio climático, a reciclaxe, as enerxías renovables ou o desenvolvemento sostible.

Compartir: