Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello asina un acordo para rematar a rede de saneamentos de Razo cun proxecto de máis de 230.000 euros

CONVENIO COA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

O Concello asina un acordo para rematar a rede de saneamentos de Razo cun proxecto de máis de 230.000 euros

Xoves 16 de outubro do 2008

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, vén de asinar un convenio co Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez Fernández, para o desenvolvemento de obras hidráulicas no municipio. En concreto, este acordo permitirá a implantación dunha nova rede de saneamentos para rematar a dotación deste servizo na parroquia costeira de Razo. O importe do proxecto que se levará a cabo a través deste convenio elévase a máis de 230.000 euros, e segundo informou o rexedor carballés, Evencio Ferrero, a nova rede de colectores transcorrerá por todo o frente da zona da praia.

Entran en funcionamento no centro carballés dous puntos dixitais de información pública

NOVAS TECNOLOXÍAS

Entran en funcionamento no centro carballés dous puntos dixitais de información pública

Mércores 15 de outubro do 2008

O casco urbano da capital municipal carballesa xa dispón desde esta semana de dous puntos dixitais de información pública que darán conta das actividades que desenvolve o Concello, ademais de ofrecer todo tipo de información de interese para a cidadanía. Despois de varios días de axustes e probas, agora estas pantallas -situadas na rúa Coruña na parede da Ludoteca e na travesía Vázquez de Parga no edificio do Casino- xa están en pleno funcionamento e a disposición dos veciños e veciñas.

O Concello concede doce subvencións por un importe de 15.000 euros para desenvolver actuacións no eido dos servizos sociais

BENESTAR

O Concello concede doce subvencións por un importe de 15.000 euros para desenvolver actuacións no eido dos servizos sociais

Martes 14 de outubro do 2008

A Xunta de Goberno Local celebrada o 13 de outubro deu o visto bo á concesión dun total de doce subvencións a outras tantas asociacións sen ánimo de lucro que desenvolven actividades no eido dos servizos sociais. O importe total das axudas elévase ata os 15.000 euros e entre as entidades beneficiadas están o centro ocupacional para personas con discapacidades Aspaber -que recibiu a maior cuantía con 6.500 euros- Afaber (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños), a residencia Os Chopos, Médicos do Mundo, Proxecto Home, o Centro Social San Xoán Bautista ou a Cruz Vermella.

O Concello impulsa a cobertura de Internet de banda ampla para o medio rural do municipio

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello impulsa a cobertura de Internet de banda ampla para o medio rural do municipio

Luns 13 de outubro do 2008

O Concello de Carballo aprobou en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local -do luns 13 de outubro- a provisión dun servizo de Internet Rural para o municipio. Trala realización por parte da Concellaría de Promoción Económica -que dirixe Xosé Manuel García Guillín- dun estudo sobre a cobertura deste servizo nas parroquias carballesas e o desenvolvemento dun proxecto no que se recollen as claves para paliar as deficiencias existentes, o Concello pon agora a disposición das empresas de telecomunicacións interesadas en prestar o servizo esta información para que, as que o desexen, poidan solicitar as correspondentes licenzas e comenzar a despregar a rede dixital.

A Concellaría de Tráfico instala bolardos automatizados para regular a circulación na rúa Coruña

HUMANIZACIÓN DO CASCO URBANO

A Concellaría de Tráfico instala bolardos automatizados para regular a circulación na rúa Coruña

Venres 10 de outubro do 2008

Dende esta semana, a rúa Coruña da capital municipal xa conta cun sistema de bolardos automatizados que permitirá regular a circulación de vehículos nesta vía peonil. A Concellaría de Tráfico que dirixe Benedito Viña pretende deste xeito eliminar os valados que ata o de agora delimitaban os horarios nos que está permitido o tráfico rodado na vía, ademais de mellorar a imaxe das rúas e contribuír á humanización do centro urbano carballés.

A compañía valenciana L'Om Imprebís une no FIOT os clásicos e a improvisación máis delirante

OUTONO DE TEATRO

A compañía valenciana L'Om Imprebís une no FIOT os clásicos e a improvisación máis delirante

Venres 10 de outubro do 2008

A compañía valenciana L'Om Imprebís faise esta fin de semana co Festival Internacional Outono de Teatro -co permiso de Talía Teatro, que abre o venres 10 de outubro o programa co seu 'Anfitrión'. Así, o sábado 11 chega ata o auditorio do Pazo da Cultura o clásico entre os clásicos do teatro español, o 'Don Juan Tenorio' de José Zorrilla; e o domingo ábrese unha proposta completamente diferente, baseada na improvisación e no bo facer de dous actores no escenario. Trátase de 'Imprebís', un espectáculo conformado a partir das ideas, das frases ou suxestión que propón o público espectador.

Os espectáculos de sala chegan ao Outono de Teatro da man do 'Anfitrión' de Talía Teatro

FIOT '08

Os espectáculos de sala chegan ao Outono de Teatro da man do 'Anfitrión' de Talía Teatro

Xoves 9 de outubro do 2008

Teatro de sala, de rúa e de exposición. Esta é a oferta que o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) propón esta fin de semana para marcar o punto de partida dos espectáculos no Pazo da Cultura. Serán os locais Talía Teatro, os encargados de abrir o venres 10 as representacións coa obra 'Anfitrión, e ti quen ves sendo?'. Con esta proposta, a compañía de Cee quere celebrar con moito humor os seus vinte anos de traxectoria, polo que preparou esta produción especial, baseada no xenial clásico de Plauto, con dirección de Cándido Pazó e na que participa todo o elenco da compañía.

O Concello carballés eliminou 20 vertedoiros incontrolados entre os meses de agosto e setembro

BRIGADA DE MEDIO AMBIENTE

O Concello carballés eliminou 20 vertedoiros incontrolados entre os meses de agosto e setembro

Martes 7 de outubro do 2008

A Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo ten eliminado ao longo dos pasados meses de agosto e setembro un total de 20 vertedoiros incontrolados situados en distintas parroquias do municipio. A maior parte deles estaban ubicados en pistas secundarias, sendo na maioría dos casos residuos considerados como voluminosos, con obxectos como electrodomésticos vellos, colchóns ou persianas. Os operarios municipais xa os teñen suprimido, levando os restos ao Punto Limpo do polígono de Bértoa.

O IV Torneo de Baloncesto Festas do Pilar centrará en Carballo a actividade das bases deste deporte en Galicia

DEPORTE

O IV Torneo de Baloncesto Festas do Pilar centrará en Carballo a actividade das bases deste deporte en Galicia

Luns 6 de outubro do 2008

A capital municipal carballesa acolle o 12 de outubro o IV Torneo de Baloncesto Festas do Pilar, unha cita que este ano aglutina ao deporte de base de cinco clubes como son o do colexio Artai carballés, o ACB Costa da Morte, o Basquet Coruña, o CB Culleredo e o CB Rosalía, ademais das preseleccións da Federación Galega de Baloncesto. Nesta edición, o torneo chega a un novo nivel e amplía a súa marxe de acción ao poder contar coas categorías inferiores de clubes como o Basquet Coruña, que conta hoxe en día coa maior canteira de xóvenes baloncestistas de Galicia.

O Telecentro de Carballo acolle a proxección das metraxes que participan no III certame Curtas na Rede

NOVAS TECNOLOXÍAS

O Telecentro de Carballo acolle a proxección das metraxes que participan no III certame Curtas na Rede

Luns 6 de outubro do 2008

O Telecentro-Aula de Informática do Concello de Carballo acolle o martes 7 de outubro a proxección dos filmes que toman parte no III certame Curtas na Rede que organiza a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Comunicación e do Consello da Xuventude. Entre as 18.00 e as 20.30 horas, os interesados poderán acudir ao Telecentro do Pazo da Cultura, que, conectado con outras aulas tecnolóxicas galegas como as de Arzúa, Santa Comba, Monterroso, Carballiño, Lalín, Vilagarcía ou Tui, ademais de co Centro Multimedia de Galicia, emitirá de xeito simultáneo algunhas das curtas que participan no concurso.

A Consellería de Vivenda promove a creación de 600 vivendas de protección autonómica en Carballo

O PRAZO PARA A CONTRUCIÓN É ATA O ANO 2017

A Consellería de Vivenda promove a creación de 600 vivendas de protección autonómica en Carballo

Domingo 5 de outubro do 2008

O Concello carballés contará cun total de 598 vivendas de protección autonómica na Agra da Lagoa da capital municipal de man do Plan Sectorial de Solo Residencial de Galicia 2009-2017 presentado esta semana pola Consellería de Vivenda da Xunta. O proxecto implica unha inversión en Carballo de 15,5 millóns de euros e unha actuación nun ámbito dunha superficie de preto de 97.000 metros cadrados.

Compartir: