Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello organiza as I Xornadas Carballo PortaAberta sobre novas tecnoloxías

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

O Concello organiza as I Xornadas Carballo PortaAberta sobre novas tecnoloxías

Luns 17 de novembro do 2008

O Concello de Carballo organiza entre o 28 de novembro e o 4 de decembro as I Xornadas Carballo PortaAberta destinadas á difusión das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), facendo fincapé no emprego de Internet e na administración electrónica. As actividades dividiranse entre as I Olimpiadas Tecnolóxicas e as I Xornadas de Administración Electrónica, ás que poden anotarse de balde todos os veciños e veciñas interesados.

O centro de Aspaber acolle o I Encontro do Asociacionismo en Carballo

A CITA É O SÁBADO 15 DE NOVEMBRO

O centro de Aspaber acolle o I Encontro do Asociacionismo en Carballo

Venres 14 de novembro do 2008

Intercambiar experiencias e aprender a traballar conxuntamente. Ese é o obxectivo do I Encontro do Asociacionismo en Carballo que ten lugar o sábado 15 de novembro no centro de Aspaber -entre as 10.00 e as 14.00 horas. Así, con esta iniciativa, promovida pola Concellaría de Cultura, preténdese acadar o desenvolvemento de dinámicas participativas entre colectivos e de procurar o traballo en rede entre as entidades. Estas xornadas pretenden ser un foro a partir do cal se atopen puntos en común que lles permitan ás asociacións coñecer diversas experiencias e traballar de xeito coordinado e en equipo.

O Concello e a Cámara de Comercio colaboran para mellorar os sectores turístico e empresarial da área de influencia de Carballo

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Concello e a Cámara de Comercio colaboran para mellorar os sectores turístico e empresarial da área de influencia de Carballo

Venres 14 de novembro do 2008

O Concello de Carballo e a Antena Local da Cámara de Comercio na localidade colaboran para sentar as bases de futuro do sector turístico e do tecido empresarial do municipio e a súa área de influencia. Así o manifestou o Alcalde, Evencio Ferrero, durante a presentación dos estudos realizados polo Observatorio Socioeconómico da Cámara ao longo do ano 2008 en torno a estes dous sectores produtivos. O obxectivo é "poñer en marcha novos proxectos que contribúan ao desenvolvemento económico e empresarial" e que axuden a "encarar as circunstancias económicas actuais" en verbas de Ferrero.

O 'Novembro con música' ofrece unha completa programación centrada na Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia

CULTURA

O 'Novembro con música' ofrece unha completa programación centrada na Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia

Venres 14 de novembro do 2008

Propostas tan variadas como a Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia, un concerto de pop-rock ou un festival de corais centran a oferta do 'Novembro con música' durante esta fin de semana. Entre o venres 14 e o domingo 16 de novembro, o director italiano Massimo Spadano, os grupos carballeses The Cerne, Oak Bank e Killer Cats e agrupacións vocais como a Coral Polifónica de Carballo, a Agrupación Polifónica de Carballo e o Coro Aires de Bergantiños, compartirán escenario e afección musical.

A piscina Carballo Calero xa contribúe ao aforro enerxético coa entrada en funcionamento dos paneis solares

ENERXÍAS RENOVABLES

A piscina Carballo Calero xa contribúe ao aforro enerxético coa entrada en funcionamento dos paneis solares

Xoves 13 de novembro do 2008

Os paneis de enerxía solar térmica que están instalados na piscina Carballo Calero da zona Bergantiños veñen de entrar en funcionamento nos últimos días. Despois de que se completara a instalación da nova infraestrutura e dun pequeno período de axustes, os paneis xa aproveitan a luz solar para subministrar a electricidade que permitirá o aforro enerxético da piscina carballesa e que axudará a quecer a auga sanitaria das duchas e do vaso destas instalacións.

Carballo presenta no Pazo da Cultura o programa 'Rodela' de acompañamento ás vítimas de violencia de xénero

SERVIZOS SOCIAIS

Carballo presenta no Pazo da Cultura o programa 'Rodela' de acompañamento ás vítimas de violencia de xénero

Mércores 12 de novembro do 2008

O Concello de Carballo vén de principiar os actos organizados con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Despois da inauguración esta semana dunha exposición sobre as mulleres caboverdianas, o xoves 13 de novembro preséntase no Pazo da Cultura o programa 'Rodela' de acompañamento a vítimas de violencia de xénero. Ana Luísa Bouza Santiago, Directora Xeral do Servizo Galego de Igualdade -que coordina o programa-, e o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, informarán sobre esta iniciativa á que esperan que se incorporen moitas das asociacións do municipio.

O Concello colabora cun programa de cumprimento de penas con traballos en beneficio da comunidade

REINSERCIÓN SOCIAL

O Concello colabora cun programa de cumprimento de penas con traballos en beneficio da comunidade

Mércores 12 de novembro do 2008

O Concello de Carballo acaba de ratificar en Xunta de Goberno Local a súa adhesión a un convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias e os concellos que o desexen, para participar nun programa de cumprimento de penas con traballos en beneficio da comunidade. Carballo ofrece un total de catro prazas distribuídas a partes iguais na Brigada de Obras e no servizo de Protección Civil. O obxectivo da iniciativa é facilitar a reinserción dos presos para que poidan desenvolver accións sociais en lugar de cumprir penas privativas de liberdade.

Adxudicadas obras de reposición de camiños nas parroquias por un importe de 114.800 euros

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicadas obras de reposición de camiños nas parroquias por un importe de 114.800 euros

Martes 11 de novembro do 2008

A Xunta de Goberno Local do luns 10 de novembro aprobou en sesión ordinaria a adxudicación provisional de obras por un importe de 114.800 euros. Trátase de dúas actuacións para efectuar reposicións de camiños en diferentes parroquias e núcleos municipais como Artes, Ardaña, Entrecruces, Sísamo e A Brea, por unha banda, e Rus, Cances e Goiáns, por outra. O prazo de execución para a realización dos traballos é de dous meses en ámbolos dous casos. A empresa que acadou a adxudicación provisional é Alejandro Martínez e Hijos SL, tamén para as dúas actuacións.

O Concello colabora co grupo Hábitat nunha campaña de erradicación de prantas na costa carballesa

MEDIO AMBIENTE

O Concello colabora co grupo Hábitat nunha campaña de erradicación de prantas na costa carballesa

Martes 11 de novembro do 2008

O Concello de Carballo colabora co Grupo Naturista Hábitat nunha campaña de erradicación de prantas invasoras -coñecidas como Carpobrotus ou unlla de gato- que poñen en perigo o espazo dunar de Razo-Baldaio. Trala realización o ano pasado dunha xornada de limpeza para acabar con esta especie na zona, a Concellaría de Medio Ambiente que dirixe José Antonio Viña colaborará de novo coa iniciativa coa cesión dun contedor que permitirá recoller os restos de Carpobrotus.

Máis de cen rapaces e rapazas participan nunha Olimpiada de Atletismo para estudantes de ESO

CARBALLO SAUDABLE

Máis de cen rapaces e rapazas participan nunha Olimpiada de Atletismo para estudantes de ESO

Luns 10 de novembro do 2008

O martes 11 e o xoves 13 de novembro un total de 125 alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) do centro educativo 'Artai' de Carballo participan nunha Olimpiada de Atletismo para Estudantes incluída nos Encontros Deportivos e Activación de Tempos Mortos en centros de ESO do programa Carballo Saudable. De 15.30 a 17.00 horas os rapaces e rapazas poderán practicar todo tipo de actividades deportivas relacionadas co atletismo.

Carballo dará cobertura de banda ampla sen fíos ao medio rural e instalará un repetidor de sinal de TDT no Val de Rus

NOVAS TECNOLOXÍAS

Carballo dará cobertura de banda ampla sen fíos ao medio rural e instalará un repetidor de sinal de TDT no Val de Rus

Luns 10 de novembro do 2008

O Concello carballés desenvolverá o proxecto para levar cobertura de conexión de Internet por banda ampla ao medio rural despois de constatar a viabilidade do proxecto. O obxectivo da Administración Local é mellorar a conectividade de todo o territorio municipal para garantir a competitividade das empresas do Concello e o acceso de toda a poboación a Internet de banda ampla.

O Concello decreta tres días de loito oficial polo falecemento do soldado veciño de Carballo Juan Andrés Suárez

CONDOLENCIAS

O Concello decreta tres días de loito oficial polo falecemento do soldado veciño de Carballo Juan Andrés Suárez

Luns 10 de novembro do 2008

O Concello de Carballo acordou na Xunta de Goberno Local celebrada o 10 de novembro de 2008 decretar tres días de loito oficial polo falecemento do Brigada do Exército Juan Andrés Suárez García, de 41 anos de idade, veciño de Carballo dende hai cinco anos e empadroado na rúa Oriente da capital municipal. Este soldado prestaba os seus servizos na base española en Herat (Afganistán), na Brigada Ligera Aerotransportable (Brilat) con base en Figueirido (Pontevedra).

Compartir: