Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Carballo atópase entre os oito mellores proxectos de Concellos Saudables de toda Galicia

CARBALLO SAUDABLE

Carballo atópase entre os oito mellores proxectos de Concellos Saudables de toda Galicia

Venres 19 de decembro do 2008

O proxecto carballés de Concellos Saudables atópase entre as oito mellores propostas de toda Galicia. Así quedou posto de manifesto o venres 19 de decembro na celebración da segunda Xornada sobre Cidades e Concellos Saudables, celebrada no Pazo de Exposicións e Congresos de Santiago de Compostela, na que a proposta carballesa foi seleccionada para abrir a rolda de intervencións -da man do coordinador da actividade, Manuel Varela Bardanca- na que se expuxeron as metodoloxías e os resultados dos oito mellores proxectos de Galicia.

O prestixioso director Jordi Mora ofrece un concerto coa Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais

NADAL CULTURAL

O prestixioso director Jordi Mora ofrece un concerto coa Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais

Xoves 18 de decembro do 2008

O xoves 18 de decembro chega un dos pratos fortes do Nadal Cultural de Carballo cun concerto da Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela. Baixo a batuta do prestixioso director Jordi Mora, o público asistente poderá desfrutar de obras como a Obertura da Frauta Máxica de Mozart, a Pettit Suite de Debussy e a segunda parte da sinfonía número 2 de Beethoven. O concerto principia ás 20.30 horas no Pazo da Cultura e a entrada é de balde.

O Concello instala quince novos colectores de recollida selectiva nos pavillóns polideportivos e centros escolares

MEDIO AMBIENTE

O Concello instala quince novos colectores de recollida selectiva nos pavillóns polideportivos e centros escolares

Martes 16 de decembro do 2008

O Concello de Carballo vén de colocar un total de quince novos colectores de recollida selectiva de envases lixeiros en diferentes edificios públicos da capital municipal co obxecto de promover a reciclaxe entre os veciños e veciñas, pero tamén entre os máis cativos e cativas. Trátase de contedores amarelos, cunha capacidade de 120 litros, que están situados nos dous pavillóns polideportivos e en tres dos centros escolares do casco urbano.

O proceso de revisión do catastro urbano do Concello carballés entra na súa última semana

PATRIMONIO

O proceso de revisión do catastro urbano do Concello carballés entra na súa última semana

Luns 15 de decembro do 2008

Aos veciños e veciñas interesados en comprobar o novo valor catastral das súas propiedades e vivendas tan só lles resta unha semana para acudir ao Pazo da Cultura de Carballo e analizar cos técnicos os datos resultantes da revisión realizada polo Ministerio de Hacienda. Así, despois de case un mes dende a posta en marcha do servizo de atención ao público habilitado polo Concello, o próximo luns 22 de novembro remata o prazo para consultar e revisar os datos. Os carballeses e carballesas que queiran facelo aínda poden acudir en horario de 9.00 a 14.00 horas, e de 16.00 a 18.00 horas, de luns a venres.

O Concello e a Cruz Vermella animan aos carballeses e carballesas a participar no programa de acollemento familiar de menores

BENESTAR

O Concello e a Cruz Vermella animan aos carballeses e carballesas a participar no programa de acollemento familiar de menores

Venres 12 de decembro do 2008

O Concello de Carballo e a asemblea local da Cruz Vermella queren animar aos carballeses e carballesas a que participen no programa de acollemento familiar de menores, unha iniciativa na que familias voluntarias acollen temporalmente no seu fogar a nenos, nenas e adolescentes daquelas outras familias que están a pasar por unha situación de crise temporal que lles impide atender axeitadamente aos seus fillos e fillas. Nestes momentos, cinco unidades familiares do entorno de Carballo e da Costa da Morte están tomando parte neste programa que representa "o labor solidario na súa máxima expresión", en verbas de Marta Pintos, unha das responsables da iniciativa na provincia coruñesa.

Os contacontos, a música, Papá Noel, os Reis Magos e o Nadal Pequespectacular, protagonistas do Nadal Cultural en Carballo

CULTURA

Os contacontos, a música, Papá Noel, os Reis Magos e o Nadal Pequespectacular, protagonistas do Nadal Cultural en Carballo

Venres 12 de decembro do 2008

Coa chegada do inverno e do frío tamén volve a Carballo o Nadal Cultural, un programa de actividades especialmente dirixido aos máis cativos e cativas que este ano recupera o xa habitual Nadal Pequespectacular e que inclúe contacontos, música, cine, exposicións, obradoiros ou festivais, ademais das visitas de Papá Noel e os Reis Magos. Dende o 12 de decembro e ata o 6 de xaneiro as propostas enchen cada día do Nadal en moitos dos puntos do Concello e coa colaboración de moitas das asociacións do municipio. O programa recolle ademais, as imaxes gañadoras do Concurso de Cartel e Postal de Nadal, que este ano tivo o primeiro premio en Lucía Mahía, de 3 anos de idade e alumna do CEIP Fogar; e o segundo en Marta Villar Cerqueiro, de 7 anos e alumna do CRA Ponte da Pedra.

Comezan os traballos para a dotación dos vestiarios e do peche do campo anexo das Eiroas

DEPORTE

Comezan os traballos para a dotación dos vestiarios e do peche do campo anexo das Eiroas

Xoves 11 de decembro do 2008

Veñen de comezar esta semana os traballos para a creación de vestiarios, un peche e un muro de contención no campo de fútbol anexo das Eiroas, situado no polígono de Bértoa. A empresa encargada da realización das melloras é Candal SL, que ten un orzamento de contrata de 176.993,96 euros. O prazo de execución previsto para a finalización da actuación é de dous meses e medio.

O Concello retoma o programa 'Aprender para educar' cun novo ciclo de charlas

EDUCACIÓN

O Concello retoma o programa 'Aprender para educar' cun novo ciclo de charlas

Xoves 11 de decembro do 2008

A Concellaría de Educación informa de que o venres 12 de decembro volven as charlas incluídas dentro do programa 'Aprender para educar', principiado a comezos de 2008 e que agora retoma o seu curso. Esta iniciativa, organizada polo Concello de Carballo xunto coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG), está dirixida a nais e pais que queiran formarse para aprender, reflexionar e adquirir seguridade diante da tarefa de educar. Ao longo dos meses de decembro e xaneiro haberá un total de tres sesións informativas. Todas no Pazo da Cultura a partir das 20.00 horas.

Luz verde para a contratación do subministro de pavimento de caucho para varios parques infantís

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Luz verde para a contratación do subministro de pavimento de caucho para varios parques infantís

Mércores 10 de decembro do 2008

A Xunta de Goberno Local celebrada o martes 9 de decembro deu luz verde ao expediente de contratación para o 'Subministro de pavimento de caucho en zonas de xogos infantís' do municipio carballés. O obxectivo é a dotación deste material nos lugares onde se atopan máis deterioradas as lousas de caucho actual, especialmente as situadas nos parques infantís existentes na Praza do Concello e no Parque do Anllóns. Con esta actuación o Goberno local espera mellorar estas instalacións. O orzamento base de licitación previsto é de 23.654 euros.

Aprobado o convenio que permitirá a creación dunha Galescola no entorno da estrada de Razo

DESEÑO DO FORUM CARBALLO

Aprobado o convenio que permitirá a creación dunha Galescola no entorno da estrada de Razo

Martes 9 de decembro do 2008

O Goberno carballés, reunido en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, vén de aprobar o convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello para a edificación dunha Galescola no polígono urbano 19 da capital municipal, situado no entorno da estrada de Razo. A Administración Local debe aportar 147.289 euros para a construción do edificio -o 20 por cento do custo total-, mentres que o Consorcio achega os 622.313 euros restantes con cargo aos seus orzamentos.

Os fortes ventos provocan a caída de varias árbores en diversos puntos do municipio

PROTECCIÓN CIVIL

Os fortes ventos provocan a caída de varias árbores en diversos puntos do municipio

Martes 9 de decembro do 2008

O servizo municipal de Protección Civil tivo que atender ao longo da mañá do martes 9 de decembro varias incidencias con motivo dos fortes ventos provocados polo temporal. Así, a comunidade galega atópase en alerta laranxa por "mar de vento" segundo consta no informe do servizo de Emerxencias de Galicia, con especial atención ao mar moi groso nas costas da Coruña e Fisterra. No caso de Carballo, o servizo de Protección Civil tivo que retirar ata catro árbores caídas en estradas, camiños e tendidos eléctricos.

O Telecentro de Carballo xa conta con máis de 400 usuarios rexistrados e 280 persoas teñen participado nos seus obradoiros

PECHE DAS I XORNADAS CARBALLO PORTAABERTA

O Telecentro de Carballo xa conta con máis de 400 usuarios rexistrados e 280 persoas teñen participado nos seus obradoiros

Venres 5 de decembro do 2008

O Telecentro de Carballo, que entrou en funcionamento hai preto de seis meses, xa conta con 403 usuarios rexistrados e un total de 280 veciños e veciñas teñen participado nos seus obradoiros, destinados a promover as novas tecnoloxías entre a poboación do Concello. Así o expresou a Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela, durante a clausura das I Xornadas Carballo PortaAberta que se teñen desenvolvido precisamente no Telecentro entre o 3 e o 4 de decembro, e que remataron con preto de 50 participantes entre poñentes, concursantes nas olimpíadas e asistentes.

Compartir: