CONCELLARÍA DE CULTURA
Venres 12 de xuño do 2009
O Pazo da Cultura acolle ata o próximo 21 de xuño a exposición 'O cambio climático'. Promovida pola Deputación provincial, esta mostra pretende fomentar actitudes responsables co medio ambiente e a educación da sociedade en valores ecolóxicos. Esta exposición está composta por tres módulos con nove paneis explicativos, ademais de por varios elementos interactivos, como un programa no que se pode calcular a 'pegada ecolóxica' dunha persoa ou familia. Así mesmo, ofrécese información sobre o cambio medioambiental, así como as chaves para implicarse, tanto individual como colectivamente, en pequenos feitos cotiás que reduzan o impacto do labor humano sobre os recursos naturais.

ENTRE O 21 E O 28 DE XUÑO
Venres 12 de xuño do 2009
Un total de oito clubs de renome toman parte no V Torneo Internacional de Fútbol 7 Concello de Carballo, que se celebra no campo de fútbol das Eiroas entre o 21 e o 28 de xuño. Trátase do FC Barcelona, do Atlético de Madrid, o Deportivo da Coruña, o Celta de Vigo, a UD Almería, o Luis Calvo Sanz o holandés FC Groningen e o gañador da fase previa, disputada entre 20 dos mellores clubs galegos. O coordinador das Escolas Luis Calvo Sanz -organizadoras do torneo xunto co Concello- José Manuel Torres Pichel, quixo subliñar que "todas as escadras veñen coa súa primeira equipación", ademais de que esta competición "está entre os tres primeiros torneos recoñecidos a nivel nacional", cun cartel "espectacular".

IGUALDADE E BENESTAR
Xoves 11 de xuño do 2009
O venres 12 de xuño, ás 20:00 horas, o Salón de actos do Pazo da Cultura de Carballo acolle a a presentación oficial do Programa Rodela de 'Voluntariado de Acompañamento a Mulleres Vítimas da Violencia', a cargo da Asociación Mulleralia. Mulleralia entrou a formar parte desta iniciativa na última convocatoria do Servizo Galego de Igualdade. Para iso conta con un grupo de mulleres debidamente formadas para realizar a súa labor de acompañamento, sempre de xeito voluntario. Coa incorporación ao Programa Rodela, a Asociación Mulleralia pretende colaborar na mellora da atención integral e recuperación das mulleres que sofren violencia de xénero.
CONCELLARÍA DE DEPORTE
Martes 9 de xuño do 2009
O aparcadoiro do Centro Comercial Bergantiños acolle entre o xoves 11 e o domingo 14 de xuño o circuíto da III Xira Galega Karting 2009, un proxecto que pretende achegar o mundo do motor a tódolos públicos. A capital de Bergantiños é a única vila, xunto con outras seis grandes cidades galegas (Santiago, Vilagarcía, Vigo, Ferrol, Ourense e A Coruña), en acoller esta actividade, que lle da a oportunidade a 500 escolares -de xeito gratuíto- e ao público en xeral -con entrada de 10 euros- de poder poñer en práctica os seus coñecementos sobre condución, ademais de aprender educación viaria, nunha comarca que ten unha grande afección polo mundo do motor.

25 ANIVERSARIO DO PADROADO DEPORTIVO MUNICIPAL
Luns 8 de xuño do 2009
Un total de 2.765 nenos e nenas de Carballo teñen participado este curso no Programa de Deporte Municipal en Idade Escolar, levado a cabo no Concello baixo a organización do Padroado Deportivo Municipal. O sábado 13 de xuño procederase ao peche deste programa coa celebración da XIX edición de 'Xogar na rúa', unha xornada deportiva, incluída dentro do programa de San Xoán 2009, e que serve así mesmo para festexar o 25 aniversario do Padroado Deportivo Municipal, un organismo de ampla traxectoria e de compromiso co deporte en Carballo. Entre as 17.00 e as 19.30 horas do sábado a Praza do Concello encherase de nenos e nenas que estarán supervisados por 6 coordinadores e 45 monitores en 16 zonas,de xogos, con deportes que van dende o balonmán ou o ciclismo ata a escalada, o xadrez ou un búfalo mecánico.
DIOS SALVE A LA REINA, LORI MEYERS OU O ROCKIN: OS CONCERTOS PRINCIPAIS
Sábado 6 de xuño do 2009
O programa das festas de San Xoán de Carballo 2009 chega para "unir tradición e modernidade", en verbas da Concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, cun programa variado pero no que "por criterio económico, non se aumentou o presuposto", tendo en conta a situación de crise, como subliña o Alcalde, Evencio Ferrero. Música, xogos, deporte, folclore e teatro centran o núcleo de actividades que se desenvolverán entre o 22 e o 28 de xuño, incluíndo a tradicional Festa do Bosque, como peche. Un programa de San Xoán que segue a estela "da maxia dunha noite mística do ano", segundo Ferrero, na que Carballo honra ao seu patrón e na que a organización invita a participar aos veciños e veciñas para que desfruten. O pistoletazo de saída do programa o marca o pregón o día 22, que, na tendencia de anos anteriores, estará elaborado por un carballés, neste caso o coñecido humorista e guionista Rober Bodegas.
NOVAS TECNOLOXÍAS
Venres 5 de xuño do 2009
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, con sede no Telecentro do Pazo da Cultura de Carballo, conta xa con 625 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI, desde que botara a andar en xaneiro de 2007. Neste tempo téñense levado a cabo 48 obradoiros nos que se formou a 408 participantes. Estes números veñen reforzados pola actividade desenvolvida ao longo do mes de maio, no que se impartiron un total de 5 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que se formou a 38 persoas e que se estenderon ao longo de 38 horas. O máis impartido foi o de 'Manexo de rato e teclado (en 2 ocasións). Cabe tamén destacar outros levados a cabo como 'Iniciación ao procesador de textos: Writer', 'Manexo do escáner' ou 'Achegamento ao blog', que poñen de manifesto a grande diversidade formativa que oferta a Rede.
CARBALLO SAUDABLE
Xoves 4 de xuño do 2009
O programa 'Pasiño a pasiño', incluído dentro do programa Carballo Saudable, vén de iniciar unha segunda etapa de rutas de sendeirismo en 2009, na que ata o momento teñen participado 160 veciños e veciñas. O domingo 7 de xuño está programada a terceira actividade desta nova etapa, a única que se transcorrerá por fóra do Concello de Carballo. A saída é ás 9.00 horas da Praza do Concello de Carballo, e o regreso ás 15.00 horas. O percorrido vai desde Camelle ata as inmediacións do Cabo Vilán, preto de Camariñas, cunha distancia aproximada de 15 quilómetros e unha duración en torno ás 4 horas. Pasarase por varios dos lugares máis fermosos e emblemáticos da Costa da Morte, por lugares como a Praia do Trece, o Cemiterio dos Ingleses, a zona de Reira, e visitando recunchos tan fermosos como o pobo de Arou.
OBRAS E SERVIZOS
Mércores 3 de xuño do 2009
O goberno local vén de abrir hoxe aos veciños e veciñas o novo parque infantil situado no Xardín Municipal da Praza do Concello. Os rapaces e rapazas da escola obradoiro que está en marcha en Carballo veñen de realizar os labores para mellorar as instalacións, que consistiron na substitución de tódolos xogos e na instalación de dúas novas capas de caucho neste parque "o que ten máis uso de todo o Concello", en verbas do Alcalde, Evencio Ferrero. Entre os xogos hai tobogáns, balancíns e columpios, tanto para nenos e nenas de pouca idade como para máis maiores. O Concello ten previsto afrontar en breve a construción dun novo parque infantil no parque Eduardo Pondal, no entorno do CEIP Bergantiños da capital municipal.