Dezaseis carballesas e carballeses integran a comisión organizadora das festas de San Xoán 2025
Sábado 22 de febreiro do 2025 Cultura

Cada vez hai máis carballesas e carballeses que se implican na organización das nosas festas patronais, e iso encántanos! Este ano son 16 as persoas que integran a comisión, na que están integrados o Concello de Carballo e a Asociación Cultural San Xoán.
Sergio Varela Fuentes repite como presidente, e Gustavo Lorenzo Pena, como secretario. Os/as vogais son José Antonio Deus Antelo, Mª Carmen Pacoret Rey, Roberto Rancaño Lagoa, Asun Vázquez Bértoa, Alejandro Nogueira Carral, Mónica Gerpe Galindo, Iván Blanco Martínez, Óscar Álvarez Pose, Maica Ures García, Daniel Barreiro Quintáns, Xela Criado Fernández e Álex Nogueira Carral.
O Concello de Carballo está representado, así mesmo, por Maruxa Suárez Cotelo, concelleira de Cultura e Festas, e Carmen Castro Pombo, xefa do servizo de Cultura.
As festas de San Xoán celebraranse do 19 ao 25 de xuño, e o domingo 29, como manda a tradición, será a Festa do Bosque.