Inicio Carballo ao día Avisos Novas accións formativas de soldadura e...

Novas accións formativas de soldadura e electricidade gratuítas para persoas desempregadas

Luns 17 de febreiro do 2025

O Fórum Carballo acollerá nos próximos meses dúas novas accións formativas pertencentes ao Plan Formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia (persoas traballadoras desemmpregadas). Son as seguintes:

SOLDADURA POR ARCO BAIXO GAS PROTECTOR CON ELECTRODO NON CONSUMIBLE, SOLDEO

Código curso: FMEC0219_2. Nivel II).
Datas: 24/02/2025-01/08/2025
Horario: luns a venres de 9.00h. a 14.00h. Número de horas totais: 568 (incluídas as prácticas profesionais non laborais en empresas cunha duración de 80h.)
Lugar: Fórum Carballo
Solicitudes: Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG)
Requisitos de acceso:

  • ESO, ou equivalente
  • Certificado profesionalidade nivel II
  • Certificado profesional de nivel I da mesma familia profesional
  • Competencias Clave nivel II
  • Ter superado un curso de formación específico preparatorio para o acceso a ciclos de grado medio
  • Superar unha proba de acceso a ciclos formativos de grado medio
  • Título de Formación Profesional Básica
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos

OPERACIÓNS AUXILIARES DE MONTAXE DE INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICAS E DE TELECOMUNICACIÓNS EN EDIFICIOS

Código curso: ELES0208. Nivel I)
Datas: 03/03/2025-08/07/2025
Horario: luns a venres de 9.00h. a 14.00h. Número de horas totais: 458 (incluídas as prácticas profesionais non laborais en empresas cunha duración de 80h.
Lugar: Fórum Carballo
Solicitudes: Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG)
Requisitos de acceso: ao tratarse dun curso de Nivel I, os/as candidatos/as non precisan ningún requisto académico para acceder.

Compartir: