O Servizo de Recadación Municipal está operativo nas novas oficinas do mercado
Mércores 12 de febreiro do 2025
O Servizo de Recadación Municipal estrea instalacións. Esta semana abriu ao público a nova oficina, situada na planta soto do mercado municipal, con acceso directo desde a Praza do Concello.
Entre os servizos que poñemos á túa disposición figuran a información e tramitación de xestións relacionadas cos padróns fiscais. Na oficina non se realizarán cobros. Lembra que os pagos deben realizarse ou ben por medios electrónicos, a través da pasarela de pagos do Concello de Carballo, ou ben en calquera das entidades financeiras que teñen conveniado o cobro coa Administración local (Abanca, BBVA, Bando Santander e Caixabank).
Nas mesmas instalacións está situada a oficina de xestión catastral, na que poden realizarse declaracións catastrais.
INFORMACIÓN DO SERVIZO
- Servizos: información e xestión tributaria e declaracións catastrais
- Horario de atención ao público: de 09.00 a 14.00, de luns a venres
- Teléfono de contacto: 881 985 430
- Correo electrónico: recadacion@carballo.gal