Inicio Carballo ao día Avisos Comezan as obras de pavimentación na...

Comezan as obras de pavimentación na estrada de Sísamo e na zona urbana

Martes 11 de febreiro do 2025

As obras de reurbanización da estrada de Sísamo entre os puntos quilométricos 0+810 e 2+570 entran na súa recta final coa pavimentación da calzada. Con motivo dos traballos de aglomerado, a vía estará pechada ao tráfico a partir deste mércores 12 de febreiro, polo que as persoas que se despracen entre Sísamo e Carballo e viceversa terán que utilizar as rutas alternativas.

Así mesmo, a partir do xoves levaranse a cabo os traballos de pavimentación previstos no contrato de mantemento das vías municipais de todo o concello, do que se encarga a empresa local Vázquez y Reino cun orzamento anual de 350.000 euros. Na zona urbana, as obras comezarán este xoves pola contorna da avenida de Malpica e irán estendéndose polo resto da vila. 

Compartir: