Cortes de tráfico nas rúas Camiño Novo e Pontevedra
Luns 10 de febreiro do 2025
A partir do martes 11 de febreiro estará cortada ao tráfico rodado a rúa Camiño Novo con motivo das obras de demolición dun edificio en estado ruinoso. Os traballos durarán varios días.
Os vehículos atoparán sinalizados os desvíos correspondentes pola zona das 4 portas (cruce das rúas Vázquez de Parga, Doutor Fleming, Valle-Inclán, Anxel Fole e Baixa), e as rúas Estrela e Lugo.
Tamén está cortada desde o luns 17 de febreiro a rúa Pontevedra con motivo das obras de pavimentación dos pasos de peóns.
Desculpade as molestias.