Realizado o sorteo de prazas para a campaña de neve da Deputación da Coruña para o 2025
Luns 9 de decembro do 2024 Deporte
O luns 9 de decembro celebrouse na casa do concello o sorteo público das 14 prazas que corresponden ao Concello de Carballo para a campaña de neve organizada pola Deputación da Coruña para o 2025. Ao acto asistiron o concelleiro Ramón Varela; o técnico de Deportes, Manuel Varela Bardanca, e a secretaria do Concello, Marina Núñez Orjales.
A campaña de neve vai destinada a nenos e nenas de 11 a 15 anos, cumpridos a 31 de decembro de 2024. O resultado do sorteo pode consultarse no documento anexo.
No caso de ter obtido praza debe seguir os seguintes pasos:
- OPCIÓN DE RENUNCIAR Á PRAZA: Se renucia á praza debe comunicalo canto antes a efectos de poñer a praza a disposición do seguinte solcitante. Con enviar mail a esta mesma dirección é suficiente, se ben pode aportar a renuncia presencialmente nas oficinas da área de Deportes ou telemáticamente polo rexistro electrónico do Concello de Carballo.
Debe entregar a seguinte documentación ate o día 16 de decembro de 2024 ás 14:00 h. por algún dos seguintes medios:
- Presencialemente nas oficinas da área de deportes do Concello de Carballo (Rúa Vila de Corcubión, S/N)
- Pola sede ou rexistro electrónico do Concello de Carballo
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:
Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada pola persoa representante legal. (Anexa a este mail ou descargar: https://www.dacoruna.gal/files/8617/3089/7866/Campana-Neve_2025_Ficha_Inscricion.pdf
Fotocopia da tarxeta sanitaria da participante.
Fotocopia do carné de identidade ou libro de familia.
No caso de que a participante estivese a tratamento, ou padecese doenza, intolerancia alimentaria ou alerxia que deban ser ter tidas en conta, adxuntarase certificado médico asinado por facultativa e documento de autorización de medicación.
Copia de aboamento da cota de inscrición, tras ser publicado o número de conta no portal da Deputación de Coruña.
INFORMACIÓN: https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-neve/Campaña da neve Deputación da Coruña 2025
MAIL INFORMACIÓN DO CONCELLO: mbardanca@carballo.gal