Esgotadas as prazas para os cursos de cociña de Nadal
Domingo 8 de decembro do 2024
En menos dunha hora completáronse as 30 prazas dispoñibles para os cursos de cociña de Nadal que se celebrarán os día 14 e 21 nas instalacións da Escola de Hostalaría do Fórum Carballo.
Finalmente serán dous cursos co mesmo contido, de xeito que en cada un deles se elaborará unha receita salgada e outra doce, e o xefe de cociña será Chisco Ramos. Con el aprenderás a elaborar os pratos e ao remate poderás levar a proba para a túa casa.