Inicio Carballo ao día Avisos O programa “Ti tes a chave” volve á...

O programa “Ti tes a chave” volve á rúa para seguir fomentando a compostaxe na zona urbana

Mércores 1 de febreiro do 2023

Grazas ao programa Ti tes a chave, cada mes enviamos a Sogama máis de 25.000 quilos de residuos orgánicos para o seu tratamento na planta de compostaxe. Pero aínda que Carballo é un dos pouquísimos concellos galegos que apostan pola separación en orixe dos bio-residuos para facer posible a súa reutilización como compost, estamos lonxe de acadar os obxectivos fixados pola Unión Europea.

Para seguir avanzando cara un futuro máis sostible, o programa Ti tes a chave volve á rúa nestes primeiros meses do ano. Este xoves abriremos o calendario das accións de rúa coas que intentaremos seguir achegando á poboación a información necesaria para seguir ampliando a rede de colaboradores na recollida selectiva de residuos orgánicos. Atoparás o noso posto na rúa Coruña, de 10.00 a 13.30 horas, e ademais de poder conseguir a chave que abre os colectores marróns, tamén poderás repoñer as bolsas compostables se as precisas, recoller un funil para facilitarche a recollida do aceite de cociña ou informarte sobre o programa de compostaxe na zona rural.

Se este xoves non podes achegarte, non te preocupes. Aquí tes o calendario das accións de rúa previstas para o primeiro trimestre do ano:

  • Xoves 2 de febreiro
  • Domingo 12 de febreiro
  • Xoves 16 de febreiro
  • Domingo 26 de febreiro
  • Xoves 2 de marzo
  • Xoves 9 de marzo

E lembra tamén que durante todo o ano podes achegarte de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, ata as oficinas de Carballo Limpo, situadas nas galerías da rúa Desiderio Varela, número 34, para informarte sobre a compostaxe ou para aclarar calquera outra dúbida sobre a xestión dos residuos sólidos urbanos no noso concello.

Compartir: