Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Pazo da Cultura acolle a final do certame de...

CULTURA

O Pazo da Cultura acolle a final do certame de monólogos cómicos do FIOT

Venres 27 de outubro do 2006

O xurado da final entregará tres premios de 500 euros para o gañador, 250 euros para o segundo clasificado e 150 euros para o terceiro. A entrega de premios estará presentada polo humorista Xosé Touriñán e, a continuación, terá lugar un fin de festa para todos os asistentes á final na Cervexaría Dublín.

Ademáis, este venres, a partir das 19,00 horas, farase entrega dos premios de Teatro Lido no que participaron máis de 50 rapaces e rapazas de colexios de Carballo e Bergantiños. Nesta edición, cóntase co apoio especial da Editorial Galaxia, que aportará un obsequio para todos os participantes que lles será entregado na entrega de premios. Radio Voz tamén amplía a súa colaboración nesta ocasión, invitando a todos os participantes a unha excursión na que se visitarán as instalacións deste medio de comunicación na Coruña, xunto con unha merenda e a visita a outras instalacións culturais. Os gañadores desta VI edición do concurso escolar foron o Grupo Vagalume B coa obra Pelexa no bosque do Añón, en primeiro lugar, o Colexio Artai coa obra Clave Rosa, na segunda posición, e a Escola Municipal de Teatro de Cabana de Bergantiños, coa obra Paquiña, a semente e a auga, no terceiro posto.

Compartir: