Inicio Carballo ao día Hemeroteca Continúan as IV Xornadas Técnicas e...

TRABALLO

Continúan as IV Xornadas Técnicas e de Saúde Laboral

Xoves 26 de outubro do 2006

O venres, 27 de outubro, as xornadas comezarán no Pazo da Cultura ás 09,30 horas, onde o subdirector de Información Especializada do Instituto Galego de Promoción Económica, Carlos Silva, falará das Axudas e Servizos do IGAPE. De 12,00 a 14,00 horas ofreceranse catro novas ponencias. As dúas primeiras, no Centro de Formación, versarán sobre o Perfil dos novos profesionais de Repsol Petróleo e as Novas preparacións na reparación de automoción. Os encargados de ofrecer as charlas serán José Ortuño e José Pena, xestor de cursos e técnico de Relacións Externas de Repsol Petróleo, e Benedicto Lesta, enxeñeiro técnico industrial de 3M. Con posterioridade, e de novo no Pazo da Cultura, Ramón Piñeiro, técnico de calidade e montaxe de Placas Norte, falará do Cartón Xeso na Construcción, e Manuel de la Puente, enxeñeiro técnico industrial de Gama Tecnoibérica, fará o propio sobre a Maquinaria para a madeira.

Compartir: