Inicio Carballo ao día Hemeroteca APECCO organiza unha xornada sobre...

CONSTRUCIÓN

APECCO organiza unha xornada sobre prevención de riscos laborais no Pazo da Cultura

Mércores 18 de outubro do 2006

A iniciativa responde ao convenio subscrito entre APECCO e a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. Os relatorios das xornadas serán a cargo der Miguel García, xerente de APECCO, Francisco Nores, xefe de construción do Centro de Seguridade da Coruña, José Manuel Blanco, xefe de prevención de Acciona en Galicia e Juan Carlos Fernández, director de formación da patronal da Coruña.

A xornada será clausurada polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Nesta clausura farase entrega dos diplomas do Curso de Formación que APECCO organizou meses atrás na localidade.

Compartir: