Inicio Carballo ao día Avisos Bando do alcalde de Carballo sobre a...

Bando do alcalde de Carballo sobre a celebración das cachelas de San Xoán

Mércores 1 de xuño do 2022

Con motivo das Festas de San Xoán 2022, e coa finalidade de facilitar á veciñanza a celebración das cachelas e sardiñadas, con tanta tradición no noso concello, establécense as seguintes normas de obrigado cumprimento:

  1. Autorízase a colocación de barbacoas ou similares e a realización de cachelas durante as celebracións patronais do San Xoán 2022.
  2. Ao abeiro do establecido na Ordenanza de ocupación do dominio público local con terrazas de hostalaría, dispénsase aos establecementos do sector da prohibición xeral de realizar barbacoas ou similares na vía pública no período comprendido entre o 22 e o 30 de xuño.
  3. Tanto as persoas coma os establecementos de hostalaría que desexen realizar as actividades previstas nos puntos 1 e 2 terán a obriga de realizar unha comunicación previa cubrindo a instancia específica, que pode descargarse máis abaixo e presentándoa a través das seguintes canles:
  • Presencialmente, na urna colocada a tal efecto na planta baixa da Casa do Concello                                  
  • A través do enderezo electrónico cachelassanxoan@carballo.gal. Os correos electrónicos non recibirán resposta.
O prazo para presentar comunicacións previas remata o 21 de xuño. O obxectivo do trámite é facilitar ás forzas de seguridade a localización das cachelas por se fose precisa a súa intervención.

As normas para a elaboración das cachelas nos supostos permitidos son as seguintes:

  • As cachelas terán que distar un mínimo de 12 metros de edificacións e árbores. O diámetro máximo de zona de combustión será de 4 metros, cunha altura máxima de 2.
  • Omateriais a empregar serán materiais de madeira de calquera clase. Prohíbense os pneumáticos, plásticos, latas, botellas, materiais con PVC en xeral e similares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles e/ou calquera substancia explosiva. Prohíbense as fogueiras baixo tendidos eléctricos, telefónicos, etc.
  • A persoa solicitante terá que acatar as normas ou instrucións que poidan ditar os axentes dos Corpos da Policía Local, Protección Civil ou Corpo de Bombeiros. En caso de emerxencia están dispoñibles os seguintes teléfonos: Servizo de Bombeiros (112 / 981758057), Policía Local (981701722) e Protección Civil (981 704048). 

Descargas

Compartir: