Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto o prazo para a presentación de...

ACCESIBILIDADE

Aberto o prazo para a presentación de ofertas para a contratación de dúas actuacións do Plan de Accesibilidade

Venres 13 de outubro do 2006

A colocación das marquesinas, todas para líneas intercomarcais, situaríanse dúas na rúa Perú, unha na rúa Carballo Calero, outra na rúa Poniente e outras dúas na rúa Martín Herrera. As marquesinas son de imaxe moi liviana e realizadas enteiramente en aceiro inoxidable. Debido ao seu deseño, non requiren a realización de ningún tipo de obra civil. A colocación das marquesinas leva aparelladas pequenas obras de adaptación do acceso ás mesmas para o seu uso por persoas con movilidade reducida e para o cumprimento da lexislación vixente de supresión de barreras.

No tocante aos suministros dos elementos de sinalética previstos no Plan Municipal de Accesibilidade, faranse en seis edificios de titularidade municipal. Son a Casa do Concello, o Centro de Formación Ocupacional -Protección Civil, a Unidade Asistencial de Drogodependentes, o Pazo da Cultura, a Biblioteca Municipal e a Biblioteca Infantil e Ludoteca Municipal.

Compartir: