Inicio Carballo ao día Avisos Apertura de prazo para a solicitude de...

Apertura de prazo para a solicitude de autorizacións para a venda ambulante no Concello de Carballo

Martes 26 de outubro do 2021

O Concello de Carballo acordou abrir o prazo para que as persoas con autorización para a venda ambulante soliciten a renovación desta para o exercicio 2022, de acordo co establecido na Ordenanza reguladora das feiras, mercados e venda ambulante do Concello de Carballo.

O prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre os días 03 e 30 de novembro de 2021, ambos incluídos.

As solicitudes de renovación presentaranse preferentemente por vía telemática acompañando a documentación que establece a Ordenanza reguladora de feiras, mercados e venda ambulante do Concello de Carballo e indicada no modelo de solicitude que se facilitará. Tamén poderán presentarse por calquera dos medios que sinala a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes de renovación, o Concello analizará e resolverá estas, así como as novas solicitudes de venda ambulante formuladas dentro deste prazo, dando preferencia a aquelas solicitudes que tivesen autorización concedida para o ano en curso.

As persoas que soliciten autorización para o exercicio da venda ambulante no Concello de Carballo terán que estar, na data de remate do prazo de solicitudes (30 de novembro), ao corrente de pagamentos con esta administración local e co resto de administracións públicas. Particularmente, o Concello de Carballo denegará a renovación da autorización para a venda ambulante a aquelas persoas que non aboasen a taxa correspondente ao ano 2020 ou teñan pendentes pagamentos anteriores, así como a aquelas persoas que incumprisen algunhas das obrigas legais inherentes ao exercicio da actividade.

Ligazóns

Compartir: