Inicio Carballo ao día Novas A nova rede de sendas ciclo-peonís...

A nova rede de sendas ciclo-peonís incluídas no proxecto Cicl-Ando Carballo xa está executada nun 80%

Na páxina web ciclandocarballo.gal podes seguir a evolución dos traballos e coñecer as actuacións ao detalle

Mércores 20 de outubro do 2021

Carballo contará moi pronto cunha rede de sendas ciclo-peonís de 18 quilómetros de lonxitude. O proxecto Cicl-Ando Carballo, no que estamos a realizar un investimento de 2.141.618,86 euros financiado nun 80% con fondos europeos, atópase xa nun nivel de execución do 80%. Nalgúns casos practicamente só queda pendente a sinalización.

Se queres ver como van evolucionando as obras, acceder ao proxecto completo ou descargar os planos das rutas só tes que entrar na páxina web ciclandocarballo.gal, onde atoparás toda a información. Aquí tes un resumo das actuacións e do seu grao de execución:

  1. 1.   Continuidade senda ciclo-peonil: Avda. Bértoa - Polígono Industrial Bértoa.- dende o treito que executou o Concello de Carballo para darlle continuidade polo interior do polígono ata a zona do complexo deportivo das Eiroas, o parque de bombeiros e o novo centro social.
Lonxitude 994 m.- Orzamento 278.398,14 € .- Adxudicada a Vázquez y Reino. Executada nun 95%.
  1. 2.   Conexión polígono industrial de Bértoa - Estrada Carballo - Razo (DP – 1902).- O novo itinerario ciclo peonil dálle continuidade ás sendas definidas no proxecto ao longo da DP 1902 "Carballo - Razo" coas existentes no entorno do polígono industrial de Bértoa.
Lonxitude 920 m.- Orzamento 91,270,76 € .- Adxudicada a Construcciones Cernadas. Executada nun 95%.                            
  1. 3.   Conexión carril bici existente en Avda. Razo (DP-1902) con carril bici existente entre rúa Poniente e rúa Fábrica e Avenida de Malpica (AC-414).-O obxectivo deste tramo é o de conectar os dous carrís bici existentes na actualidade nas avenidas de Razo e de Malpica.
Lonxitude 1182 m.- Orzamento 96.799,38 € .- Adxudicada a Construcciones López Cao. Executada nun 95%.
  1. 4.   Mellora do carril bici xa existente entre as rúas Poniente - rúa Fábrica e Avenida de Malpica (AC-414). O obxecto do proxecto é a mellora do itinerario ciclista que ocupa actualmente a Avda. de Malpica e a creación dun novo itinerario na rúa Fábrica, naqueles tramos onde non existe na actualidade.
Lonxitude 1350 m.- Orzamento 178.425,14 € .- Adxudicada a Excavacións e Obras Candal. Executada nun 85%.
  1. 5.   Conexión casco urbano - colexio Artai.-
Lonxitude 897 m.- Orzamento 178.444,60 € .- Adxudicada a Desarrolla. Executada nun 80%.
  1. 6.   Senda ciclo peonil de regreso complementaria ao carril bici Avda. Razo (DP-1902).-O obxecto da actuación é a definición dunha senda ciclo-peonil na Avenida de Razo de cara a completar o carril-bici existente na avenida de Razo, que discorre dirección saída do núcleo urbano pola súa marxe dereita.
Lonxitude 1240 m.- Orzamento 460.563,45 € .- Adxudicada a Vázquez y Reino. Executada nun 95%.
  1. 7.   Senda ciclo turística Carballo – Razo.- O obxecto desta senda é conectar o núcleo urbano de Carballo coa zona litoral do municipio onde se sitúa a praia de Razo
Lonxitude 7610 m.- Orzamento 344.111,44 € .- Adxudicada a Vázquez y Reino. Executada nun 85%.
  1. 8.   Conexión casco urbano - senda ciclo-peonil Avda. Bértoa.-  O obxecto da actuación é a definición dunha senda ciclo peonil, na marxe dereita da Avenida Vázquez de Parga de cara a conectar a senda existente na Avenida de Bértoa co centro urbano e administrativo de Carballo.
Lonxitude 681 m.- Orzamento 256.960,34 € .- Adxudicada a López Cao. Executada nun 20%.
  1. 9.   Senda perimetral polígono de Bértoa.- O obxecto desta actuación é dotar dun itinerario lúdico-deportivo que enlaza co centro urbano e co resto da rede ciclista:
Lonxitude 4168 m.- Orzamento 110.894,35 € .- Adxudicada a Excavaciones y Obras Candal. Executada nun 75%.

O Concello de Carballo reforza o seu compromiso co medio ambiente e co desenvolvemento da Estratexia 2030 a través dun proxecto que nos permite seguir avanzando cara unha mobilidade máis sostible e reducir, en consecuencia, a nosa a pegada de carbono.



Galería

Compartir: