A Xunta de Goberno Local aprobou os programas culturais que se desenvolverán nos vindeiros meses
Visto bo á sinatura dun convenio de colaboración coa Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas
Luns 14 de xaneiro do 2019 Carballo ao día
"Amal en ruta" é o primeiro programa cultural previsto para este ano
A Xunta de Goberno Local aprobou na súa xuntanza ordinaria de hoxe algúns dos programas culturais que se desenvolverán nos vindeiros meses, en concreto o ciclo de cinema euroárabe Amal en Ruta, as actividades dos Venres Culturais, que empezarán o 1 de febreiro, e o Concurso de disfraces, comparsas e carrozas do Entroido.
A estes acordos súmanse o convenio coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do primeiro semestre do ano, o contrato con Ticketea para a venda e distribución de entradas para os espectáculos do Pazo da Cultura e os prezos públicos para o exercicio actual.
Outro asunto aprobado fóra da orde do día foi un convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e o Concello de Carballo para a realización de prácticas académicas.
Polo demais, a Xunta de Goberno Local deu luz verde á licenza para a construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Castrillón (Lema), entre outros asuntos de trámite.