José Antonio Barcala Rey tomou posesión como inspector da Policía Local de Carballo
Venres 21 de decembro do 2018 Carballo ao día
O inspector da Policía Local de Carballo, José Antonio Barcala Rey, tomou hoxe posesión do seu cargo. A sinatura do contrato tivo lugar na Alcaldía coa presenza de Evencio Ferrero e da concelleira de Seguridade, Milagros Lantes, que lle deron a benvida ao noso Concello, aínda que a súa incorporación efectiva non será inmediata.