O Concello de Carballo reparte 60.000 euros en subvencións entre 15 entidades que traballan no eido social
As axudas servirán para financiar dende o funcionamento das propias asociacións ata a organización de todo tipo de actividades
Mércores 7 de novembro do 2018 Carballo ao día
Quince entidades recibirán este ano as subvencións coas que dende o Concello de Carballo apoiamos ás entidades sen animo de lucro que traballan no eido dos servizos sociais. A contía increméntase de xeito considerable con respecto ao ano pasado, xa que acada os 60.000 euros en total, e ademais, por primeira vez, prímase aos colectivos inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións coma un xeito de “recoñecer o importante labor que desenvolven as entidades locais”, tal como indica a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures.
As subvencións, aprobadas xa pola Xunta de Goberno Local, son as seguintes:
- Asociación Antidroga Vieiro: 5.510 euros (100% do importe solicitado) para o programa “Medrando en familia”.
- Asociación Galega de Fibromialxia (Agafi): 3.651,6 euros (98,96% do solicitado) para terapias alternativas.
- Proxecto Home: 3.000 (100% do solicitado) para o seu programa educativo.
- Daleth: 3.286,5 (34,84% do solicitado) para o proxecto Reiníciate II.
- Afaber: 5.000 (100% do solicitado) para o programa de estimulación físico-cognitiva para persoas afectadas polo alzhéimer.
- Centro Social San Xoán Bautista: 5.112,3 (44,45% do solicitado) para o programa de acción social e formación.
- A.C. 3ª Idade San Xoán Bautista: 2.500 (100% do solicitado) para o centro de día para a terceira idade.
- Aloumiños: 2.000 (100% do solicitado) para o festival Inclusón e os debates abertos “Grupo de familias”.
- Amigos de Galicia: 3.651,6 (52,17% do solicitado) para o plan de cobertura de necesidades básicas de persoas en situación de vulnerabilidade no noso concello.
- Íntegro: 3.000 (100% do solicitado) para o proxecto de visibilización da diversidade “Cambiando miradas”.
- Cáritas: 5.477,5 (60,19% do solicitado) para atención primaria.
- Aspaber: 6.958,1 (99,26% do solicitado) para o mantemento da asociación.
- APEM: 5.112,3 (68,16% do solicitado) para o empoderamento en actividades da vida diaria de persoas con problemas de saúde mental.
- Cruz Vermella: 2.250 (100% do solicitado) para o proxecto “Busca activa de emprego”.
- Un paso máis: 3.500 (100% do solicitado) para nómina administrativa da entidade, charlas e talleres.