Rematadas as obras de acondicionamento de cinco novos aparcamentos con capacidade para 130 vehículos
A posta en servizo destes novos espazos de uso público e gratuíto está pendente da instalación das ramplas de acceso nos vindeiros días
Mércores 26 de setembro do 2018 Carballo ao día
Luis Lamas e Evencio Ferrero, no aparcamento da rúa do Pan
Carballo conta con cinco novas áreas de estacionamento nas rúas San Antonio, Luis Calvo-Pan, Nicaragua, Bos Aires-Chile e avenida das Flores. En total, 130 prazas que se sumarán á ampla oferta de aparcamentos públicos e de balde existentes no casco urbano. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, realizaron un percorrido por estes novos espazos para vehículos, que entrarán en servizo en cuestión de días, tan pronto como se instalen as ramplas de acceso.
Agás a da rúa Nicaragua, que é municipal, todas as parcelas foron cedidas pola propiedade ao Concello de Carballo polo sistema de comodato, que permite a utilización pública dos terreos a cambio da exención de impostos. Con estes novos aparcamentos xa son 2.160 as prazas habilitadas neste tipo de espazos. A principal bolsa de estacionamentos do centro urbano atópase no ámbito do Rego da Balsa, con máis de 800 prazas dispoñibles nun total de nove parcelas de propiedade privada e pública.