Unha charla sobre “Coidados no alzheimer” inaugurou os actos organizador por Afaber con motivo do día mundial da enfermidade
A concelleira de Sanidade e Terceira Idade, Mari Carmen Regueira, acompañou ao presidente de Afaber, Jesús Manuel Villar, no acto de apertura
Mércores 20 de setembro do 2017 Carballo ao día

O 21 de setembro é o Día Mundial do Alzheimer, e arredor desta data a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños (Afaber) organiza cada ano unha serie de actos encamiñados a visibilizar unha enfermidade que afecta cada vez a máis persoas e que non ten cura. Dentro da denominada Semana Mundial do Alzheimer, Afaber levará información e actividades de ocio aos distintos concellos da comarca.
En Carballo o programa é o seguinte:
- Mércores 20, 20.15 horas: Presentacion do III Concurso Fotográfico sobre o Alzheimer.
- Xoves 21, 20.15 horas: Proxección da película "Siempre Alice".
- Venres 22, 07.00 horas: Saída da excursión ás Rías Altas.
- Domingo 24, 12.30 horas: Misa na igrexa de San Xoán Bautista e acto de sensibilización "Recorda quen son".
A Semana Mundial do Alzheimer foi inaugurada o martes pola concelleira de Sanidade e Tereira Idade, Mari Carmen Regueira, e o presidente de Afaber, Jesús Manuel Villar Antelo, nun acto celebrado na sede da entidade, na rúa Camelias, e no que tamén participou o especialista en medicina interna Javier Porteiro Sánchez cunha interesante charla titulada “Coidados no alzheimer”.