Retirado o ciprés do adro da capela da Milagrosa que supoñía un risco debido ao seu mal estado
A parroquia solicitara a colaboración do Concello de Carballo para proceder á tala
Mércores 2 de agosto do 2017 Carballo ao día
Antes
As imaxes reflicten o antes e o despois da retirada do ciprés que se atopaba no adro da capela da Milagrosa e que supoñía un serio risco debido ao seu deficiente estado. Como xa anunciara, o Concello de Carballo atendeu a petición de colaboración da parroquia para proceder á tala da árbore e evitar deste xeito os perigos que representaba. A operación realizouse onte, e hoxe completouse a limpeza.
Despois
O mal estado do ciprés detectouse a raíz dos labores de inventariado e estudo do arborado que está a levar a cabo o Concello de Carballo coa finalidade de establecer as medidas de xestión e protección necesarias e de evitar riscos innecesarios para a cidadanía. O informe técnico correspondente a esta árbore, un exemplar de ciprés (Cupressus) de gran tamaño, concluía que a árbore estaba nun estado deficiente, con pólas a piques de desprenderse e fendas no tronco principal, polo que se recomendaba a súa retirada e substitución por outra, decisión que está agora en mans da parroquia.