Aberto o prazo de recadación do imposto de vehículos e das taxas por vaos e recollida de lixo
Os contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos deberán realizar os pagos na Oficina Municipal de Recadación
Martes 21 de marzo do 2017 Carballo ao día
As reservas de estacionamento en vía pública tamén se pagan neste período
Dende o 20 de marzo ata o 31 de maio está aberto o prazo de recadación do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), a taxa pola reserva de estacionamentos en vía pública para parada de buses, carga e descarga e vaos permanentes, e a taxa polo servizo de recollida de lixo, tanto comercial coma residencial.
Os contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos deberán realizar os pagos en efectivo na Oficina Municipal de Recadación, na rúa Camiño Novo, número 7 (entreplanta galerías comerciais), en horario de 09.00 a 13.30 e de 16.00 a 18.00, de luns a venres.
Transcorrido o actual período voluntario iniciarase o executivo, no que se aplicará recargo.