O ALCALDE E O CONCELLEIRO DE DEPORTE ENTREGARON AS MEDALLAS
Máis de 500 escolares participaron no Campo de As Eiroas na fase local da Carreira de Campo a Través de Carballo
Mércores 30 de novembro do 2016
Saída da carreira infantil masculina
Máis de 500 deportistas do CEIP A Cristina, CEIP Fogar, CEIP Gándara Sofán, CEIP Nétoma Razo, CEIP Xesús San Luís Romero, Colexio Artai todos eles do Concello de Carballo; e do CEIP Otero Pedrayo de A Laracha participaron hoxe, mércores 30 de novembro, na fase local da Carreira de Campo a Través que organizan a Secretaría Xeral para o Deporte, a Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña e o Concello de Carballo co patrocinio de Coca-Cola. As categorías da proba foron benxamín, infantil, alevín e cadete e as carreiras fóronse celebrando sen incidentes a partir das 10.15 horas, cun tempo frío pero axeitado para o desenvolvemento da proba no Campo de As Eiroas. Trátase dunha carreira clasificatoria para o Campionato intercomarcal.
Na proba participaron nenos e nenas dos centros de ensino de Carballo, e tamén do CEIP Otero Pedrayo de A Laracha
As distancias percorridas foron, para cadetes, 2.500 metros en categoría masculina e de 1.200 metros en feminina; para infantís 1.200 metros e 800 metros respectivamente; para alevíns, unha volta de 800 metros para a categoría masculina e de 600 para a feminina; e finalmente os benxamíns percorreron 500 metros nas dúas categorías. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, foron os encargados de entregarlles as medallas aos primeiros clasificados entre os aplausos do resto dos rapaces e rapazas e tamén de nais e pais que se achegaron ata o complexo do Parque Empresarial de Bértoa.
Os resultados das distintas probas por categorías, son os seguintes:
- Cadete Masculino:
- 1º David Castro, do Colexio Artai
- 2º Lucas García, de Colexio Artai
- 3º Ricardo Esmorís, do Colexio Artai
- Cadete Feminino:
- 1º Mara Fernández, do Colexio Artai
- 2º Cristina Sánchez, do Colexio Artai
- 3º Carla Teixeira, do Colexio Artai
- Infantil Masculino:
- 1º Antón González, do Colexio Artai
- 2º Daniel Calvete, do CEIP Gándara-Sofán
- 3º Miguel Cerviño, do Colexio Artai
- Infantil Feminino:
- 1º Ainoa Martínez, do CEIP Fogar
- 2º Uxía Suárez, do Colexio Artai
- 3º Andrea Aldao, do CEIP Nétoma-Razo
- Alevín Masculino:
- 1º Hugo Méndez, do CEIP Fogar
- 2º José Manuel Negreira, do CEIP A Cristina
- 3º Yerí Hisa, do CEIP Otero Pedrayo
- Alevín Feminino:
- 1º Paula Amado, do Colexio Artai
- 2º Nerea Mallo, do CEIP Otero Pedrayo
- 3º Lara Hernández, CEIP Gándara-Sofán
- Benxamín Masculino:
- 1º Guillermo Pastoriza, CEIP A Cristina
- 2º Adrián Varela, do CEIP A Cristina
- 3º Sergio Ventureira, do Colexio Artai
- Benxamín Feminino:
- 1º Carla González, do Colexio Artai
- 2º Claudia Alonso, do CEIP Gándara-Sofán
- 3º Uxía Pereira, do CEIP A Cristina