PODE VISITARSE ATÉ O 11 DE DECEMBRO
A rúa Coruña acolle unha mostra sobre a discriminación racial para favorecer o respecto á diversidade: "Galegas coma ti"
Martes 29 de novembro do 2016
A mostra pode verse na rúa Coruña da capital municipal
A exposición Galegas coma ti, organizada pola ONG Viraventos co apoio da Deputación da Coruña e Gadis, permanecerá entre o 28 de novembro e o 11 de decembro na Rúa Coruña de Carballo. Esta mostra contra a discriminación racial quere promover na sociedade galega unha actitude de acollida e respecto pola diversidade. A mostra consta de tres módulos expositivos que combinan textos sobre a igualdade de dereitos das persoas migrantes con fotografías de Xurxo Lobato e deseño de Xosé Díaz nas que aparecen inmigrantes xunto a persoas galegas de relevancia pública no ámbito cultural.
A mostra consta de tres módulos que combinan textos sobre a igualdade de dereitos das persoas migrantes con fotografías de Xurxo Lobato
Participan, entre outros: o escritor Manolo Rivas, o presentador da TVG Xosé Ramón Gayoso, a gaiteira Susana Seivane, as actrices Isabel Risco e Lucía Regueiro, a xornalista Fernanda Tabarés, o cineasta e cantante Antón Reixa e o presidente do Deportivo, Tino Fernández. Senegal, Rumanía, Marrocos, Cuba e Bolivia son os paises de procedencia da poboación inmigrante representada.
A instalación permanecerá até o domingo 11 de decembro na rúa Coruña de Carballo.