TRÁTASE DE SESIÓNS DE DEPORTE ADAPTADO
O Concello colabora coa agrupación Un paso máis para a realización de actividades deportivas por parte da entidade
Xoves 24 de novembro do 2016
Sinatura do convenio na Casa do Concello
O Concello de Carballo e a Agrupación Deportiva Un paso máis asinaron o xoves 24 de novembro un convenio que establece as bases de colaboración para o desenvolvemento do "Programa Deportivo Un paso Máis". No marco desta iniciativa desenvólvense durante todo o ano actividades dirixidas a persoas con discapacidade, como por exemplo clases de pádel ou a a realización de actividades deportivas ao aire libre e en contacto coa natureza, entre outras.
As citas están dirixidas a persoas con algún tipo de discapacidade e desenvólvense ao longo de todo o ano
O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e Manuel Cantelar Varela, en representación de Un paso máis, formalizaron o acordo na Casa do Concello, que inclúe unha axuda para dotación dos servizos necesarios e os gastos de persoal (monitores, etc.) para o desenvolvemento das actividades.