Resolución da convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividade física e deportiva para a tempada 2016/2017
Luns 31 de outubro do 2016
Pavillón Vila de Noia
O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Deporte que dirixe Marcos Trigo, fai pública a Resolución da convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividade física e deportiva de iniciativa privada co patrocinio municipal para a tempada 2016/2017.
A reserva de uso concédese durante o período do 31 de outubro de 2016 ao 31 de maio de 2017 (agás no caso da piscina Carballo Calero, que se estenderá até o 31 de xullo de 2017).
Os interesados e interesadas poden consultar a resolución máis abaixo nun documento en PDF.