A CITA CONTOU CO PATROCINIO DA DEPUTACIÓN E DA XUNTA
O obradoiro de creación literaria "Hibridar o imaxinario", celebrado na Biblioteca Rego da Balsa, remata cunha recreación poética
Martes 30 de agosto do 2016
Un momento do acto de clausura
O martes 30 de agosto rematou o Obradoiro de creación literaria "Hibridar o imaxinario" impartido pola escritora Rosalía Fernández Rial e da man da Escola de Escritores e Escritoras da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), e que se impartiu durante varias sesións na Biblioteca Rego da Balsa. A cita contou co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña e da Consellería de Cultura, ademais do respaldo do Concello de Carballo para a súa realización.
O peche contou cunha representación literaria
Cunha posta en escea levada a cabo polos asistentes ao obradoiro, rematou así de forma oficial a actividade, nunha recreación viva da poesía emerxente que conta ademais coa presenza de Paco Souto como autor convidado. Ao acto asistiron a Vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, Cesáreo Sánchez, o presidente da AELG, o Alcalde, Evencio Ferrero, e o Concelleiro de Cultura e Deportes, Marcos Trigo Facal.
Os asistentes puideron gozar de contemplar o proceso creativo dunha posta en escena teatral derivada da expresión poética literaria e que foi representada polos mesmos que asistiron ao obradoiro, e que se desenvolviu en diferentes recunchos da biblioteca, facendo dela un lugar vivo e dinámico.