ENTRE O SÁBADO 23 DE XULLO E O SÁBADO 6 DE AGOSTO
Aberto o prazo de solicitude para a asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividade física e deportiva
Venres 22 de xullo do 2016
Complexo deportivo As Eiroas
O Concello de Carballo informa de que está aberto o prazo entre o sábado 23 de xullo e o sábado 6 de agosto para presentar solicitudes na convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividade física e deportiva de inicitativa privada co patrocinio municipal para a tempada 2016-2017. O obxecto da convocatoria é a asignación de usos das instalacións deportivas municipais para o desenvolvemento de actividade deportiva (adestramentos, competicións e organización de eventos deportivos) para entidades deportivas e/ou educativas sen ánimo de lucro do municipio de Carballo.
A convocatoria está dirixida a entidades deportivas e/ou educativas sen ánimo de lucro do municipio de Carballo
As instalacións obxecto da convocatoria son:
- Complexo deportivo As Eiroas.
- Complexo deportivo Vila de Noia (piscina e pavillón).
- Complexo deportivo Carballo Calero (piscina e pavillón).
- Tamén se inclúen aquelas instalacións deportivas cuxo uso o Concello de Carballo ten conveniado con outras administracións.
Documentación e prazos
Lugar e prazo de presentación de solicitudes:
- O prazo de solicitude será de 15 días naturais, a contar desde o día seguinte da publicación da convocatoria na páxina web municipal e no taboleiro de anuncios municipal.
- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Carballo. Cada entidade só poderá presentar unha solicitude.
- Modelo de solicitude normalizada que figura no Anexo I.
- Calendarios de competición para a tempada 2016-2017 (no caso de non estar dispoñibles no momento de reallizar esta solicitude, deberán achegarse ao Servizo Municipal de Deportes quince días antes do inicio da competición).
- Certificado da Federación correspondente no que indique o número de equipos inscritos e o número de licenzas tramitadas durante a tempada 2015-2016.
- Copia do seguro de responsabilidad da entidade.
- Declaración responsable segundo o modelo do Anexo III.
Os interesados e interesadas poden consultar máis abaixo as bases (incluíndo os anexos) en pdf.