O INVESTIMENTO ROLDA OS 150.000 EUROS
Asinado un convenio para a mellora dos aparcadoiros e das zonas verdes do Parque Empresarial de Bértoa carballés
Martes 12 de xullo do 2016
Acto de sinatura na Alcaldía
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, na súa calidade de deputado provincial de Cooperación, Plans Provinciais Xerais, Asistencia a Municipios, Turismo e Patrimonio Histórico-Artístico, veñen de asinar un convenio que permitirá acometer a mellora das zonas verdes e os aparcadoiros do Parque Empresarial de Bértoa, cumprindo así o compromiso acadado coa Asociación de Propietarios As Eiroas, que solicitaba melloras neste sentido.
Os empresarios tamén solicitaron a creación dunha senda peonil que una o polígono industrial co centro urbano
A Deputación da Coruña achega 117.190 euros para un investimento total de 146.488. Ademais de acondicionar as zonas verdes, os empresarios esperan poder plantar máis árbores autóctonas e crear máis prazas de estacionamento, ademais de habilitar unha senda peonil que una o polígono empresarial co centro urbano. Outra das reivindicacións dos usuarios e usuarias é a mellora da rede viaria, para a cal dende o Concello de Carballo estase a tramitar outra subvención.