OS TRABALLOS COMEZARÁN O ANTES POSIBLE
Asinado na Alcaldía o contrato de obras de "Mellora de capa de rodadura nos lugares de Ferradal (Bértoa) e Paraíso (Berdillo)"
Xoves 31 de outubro do 2013
Así, ademais de no Ferradal e Berdillo, con este crédito realizaranse melloras en viarios estruturantes de distintas parroquias que soportan un elevado nivel de tráfico, como en Nétoma-Razo. Ademais, emprenderase o acondicionamento da contorna do cemiterio de Berdillo; o soterramento das estruturas eléctricas no lugar da Piña en colaboración do Concello da Laracha; ou a mellora do firme en 20 rúas do casco urbano de Carballo de máis de mil metros cadrados de superficie. Así mesmo, realizaranse actuacións de mellora da seguridade viaria, de substitución da caldeira do Concello e de acondicionamento da rúa Valle Inclán. De feito, os traballos de reurbanización na rúa Valle Inclán, que realiza a empresa Construcciones Vázquez y Reino, están en marcha dende o luns 28 de outubro.