PRIMEIRA CITA: SÁBADO 13 DE ABRIL ÁS 16.00 HORAS
O Club Ciclista Carballo volve co ciclo de rutas "Coñece o teu Concello" durante os meses de abril e maio
Martes 9 de abril do 2013
Dado o éxito de edicións anteriores, a organización aposta pola continuidade e mantén os mesmos percorridos que nos anos pasados. Despois da Ruta 1 do sábado 13 de abril, de Sísamo a Oza, as citas cambian do sábado ao domingo, e a hora de saída das 16.00 ás 10.30 horas, aínda que permanece o lugar de encontro, a Praza do Concello. Son as seguintes:
- Ruta 2: domingo 21 de abril. De dificultade media e 19,5 quilómetros, visita Artes, Sofán, Berdillo e Bértoa.
- Ruta 3: domingo 5 de maio. Duns 27 quilómetros de lonxitude, ten unha dificultade media e transcorre por Ardaña e Rus. Está especialmente dirixida BTT (Bibicleta Todo Terreo)
- Ruta 4: domingo 19 de maio. De 32 quilómetros de lonxitude e dificultade media, realiza un percorrido pola costa: Razo, Lema, Rebordelos, Noicela e Vilela.