O FÓRUM POTENCIARÁ A PROMOCIÓN DO SECTOR
A Mesa Local de Comercio ultima a organización da Feira das Oportunidades e realiza un balance do exercicio 2012
Martes 19 de febreiro do 2013
Nese sentido, o Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, manifestou a vontade da administración local de empregar o Fórum para emprender iniciativas que axuden a promocionar o comercio local e a ser un escaparate para o sector. Así mesmo, Regueira explicou as claves do Plan de Formación Integral para emprendedores que está tendo lugar no Fórum nestes momentos e que continúa até o mes de maio, unha proposta encamiñada a axudar ás persoas que contan cunha idea de negocio para que o seu comercio ou pequena empresa poidan sobrevivir os primeiros meses e converterse nun negocio rendible a través da boa estruturación e da elaboración dun plan de empresa. Así mesmo, Regueira quixo lembrar, a pesar da situación económica actual, as oportunidades para os comerciantes que ten unha vila como Carballo, na que cada quince días se congregan milleiros de persoas a través das feiras, unhas oportunidades que hai que aprender a aproveitar.
Hai que mencionar que na cita estiveron, ademais do concelleiro Xosé Regueira e de María del Carmen Freire, xerente do CCA; o Concelleiro do PP, Miguel Ángel Ferreiro Suárez; Yolanda Pérez en representación da OCU (Organización de Consumidores e Usuarios); e Víctor Tello, Xefe do servizo provincial do Instituto Galego de Consumo.