A GAÑADORA É UNHA ALUMNA DO CEIP A CRISTINA
Máis de 1.200 nenos e nenas dos centros de ensino do municipio participaron no Concurso de Cartel e Postal de Nadal
Luns 3 de decembro do 2012
O Concurso tamén está dotado cun segundo premio que recae na imaxe que representará o cartel de Nadal 2012. Este ano o cartel gañador foi elaborado por Diego García Espasandín, de 5 anos, do CEIP Xesús San Luís Romero, outorgándoselle un premio de 100 euros en libros e xoguetes educativos e un diploma. Ademais, concedéronse os seguintes accésits, cun valor de 60 euros en libros e xoguetes educativos e un diploma.
- María Gálvez Marque, de 11 anos, do CEIP Fogar
- Kevin Botana Loureiro, de 5 anos, do CEIP Xesús San Luis Romero
- Sara Abelenda Costa, de 6 anos, do CEIP A Cristina
- Xurxo Pena Vázquez, de 7 anos, do CEIP A Cristina
- Nuria Pose Rama, de 11 anos, do Colexio Artai
Nesta edición participaron 1.233 nenos e nenas con debuxos realizados entre 13 colexios de Educación Infantil e Primaria de Carballo e a ANPA A Braña de Rus. O cartel distribuirase polas rúas e comercios de Carballo e a tarxeta de felicitación será a que felicite as Festas do Nadal desde o Concello, ademais de ser a portada do programa do Nadal Cultural que recolle todos os actos culturais que se celebran durante o Nadal en Carballo.