LUZ VERDE PARA O PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES CULTURAIS 2012
Aprobadas as bases para a creación dunha Bolsa de Traballo Municipal destinada a favorecer a inserción laboral
Luns 22 de outubro do 2012
Poderán ser beneficiarios dos servizos desta Bolsa de Traballo tanto a poboación activa como os ofertantes de emprego: autónomos, empresas, entidades ou institucións que inicien procesos de selección de persoal. Os candidatos e candidatas inscritos no servizo deberán ser maiores de 16 anos e, se ser estranxeiros, estar en posesión dos permisos correspondentes. A inscrición dos demandantes, así como a xestión das ofertas, levarase a cabo polo Servizo de Orientación Laboral do Concello. Como medida para potenciar o desenvolvemento e crecemento económico da localidade, as empresas adxudicatarias de obras municipais poderán utilizar a Bolsa de Traballo para a selección do seu persoal. As bases entrarán en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP). No apartado de subvencións, a sesión da Xunta de Goberno supuxo a aprobación das bases da convocatoria do Programa anual de actividades culturais 2012. Estas subvencións teñen por obxecto colaborar coas asociacións culturais do municipio na realización do programa anual de actividades, contribuíndo á promoción da cultura e do tecido asociativo de carácter cultural e favorecer o acceso á cultura dos cidadáns de Carballo. Para a concesión destas axudas, que se realizará en réxime de concorrencia competitiva, destinarase un orzamento de 40.000 euros. No apartado de subvencións tamén se solicitou unha axuda á Consellería de Traballo para a contratación dun axente de emprego e desenvolvemento local. Convenios coa Deputación, Cruz Vermella ou Solidariedade Galega
Por último, a Xunta de Goberno supuxo a aprobación de dúas licenzas de obra; un proxecto de execución; catro licenzas de obra e apertura; e unha licenza de primeira ocupación. Entre as primeiras, hai que subliñar a ausencia da proposta para aprobar a licenza para a obra de ampliación do Cemiterio parroquial de Bértoa, incluíndo o informe de alegacións e a remisión do expediente aos departamentos autonómicos de Urbanismo, Sanidade e Medio Ambiente. Así mesmo, hai que mencionar que se retirou da sesión a aprobación do expediente para o contrato privado de "Arrendamento do local destinado a bar-cafetaría situado no Mercado de Carballo".