DISPOÑIBLES TICKETS PARA O RESTO DAS OBRAS DO AUDITORIO E OTNI
Esgotados os Minibonos A e B para as funcións de sala do FIOT, así como as entradas para ver a Els Joglars e a Carmen Machi
Luns 1 de outubro do 2012
Esta é a primeira edición na que os organizadores do Festival habilitan a televenda para mercar os bonos, minibonos e entradas soltas o que, á vista dos resultados, se confirma como unha canle de acceso universal e equitativa para os usuarios que, desde a súa propia casa ou desde o lugar onde estean, poden iniciar o proceso de compra en calquera momento do día. Respecto dos prezos e condicións para a venda de entradas soltas para o resto das funcións que aínda están dispoñibles son os seguintes:
- PREZOS: ESPECTÁCULOS DO AUDITORIO
- "O método Gronhölm" (día 12), "En alta mar" (día 13), "A función do tequila" (día 20), "Acto cultural" (día 26) e "Viaxe a ningunha parte" (día 27): 6€
- "Contra el viento del norte" (día 7): 10€
- "El Montaplatos" (día 19): 12€
- "Juicio a una zorra" (día 21): 15€ (esgotadas)
- "El Nacional" (día 31): 18€ (esgotadas)
- PREZOS: CICLO OTNI
- Entrada 3€ : "Decamerón" (dia 14), "Calla y come" (dia 25) e "Fingir" (dia 28).
- ENTRADAS SOLTAS (Programa de sala e Ciclo OTNI):
- Desde o día 1 de outubro ata o día antes de cada función:
<www.servinova.es> ou no teléfono 902 504 500 - Día da función: de 19.30 a 21.00 horas no despacho de billetes do Pazo da Cultura
- Desde o día 1 de outubro ata o día antes de cada función: