DOMINGO 29 DE ABRIL ÁS 18.00 HORAS
Primavera enDanza remata con "Río de Luna", un espectáculo infantil que mestura tenrura e imaxinación
Venres 27 de abril do 2012
Respecto da compañía, Da.Te Danza naceu como unha unión de varias persoas que traballan para conseguir un obxectivo común, que é facer todo o posible pola danza, por bailar, por subir a un escenario e compartir esa emoción co público. Dende os seus comezos a compañía persegue a excelencia a todos os niveis: artístico, técnico e de xestión. Por iso apostan por profesionais cualificados e coa arela de que as persoas son o verdadeiro investimento no mundo das artes escénicas. A compañía ten moi presente o valor educativo e propón a arte como elemento socializador. Os seus espectáculos buscar ofrecer outros puntos de vista para o espectador, outras perspectivas dende as que entender o mundo, tratando de remover a conciencia do público. O obxectivo é bailar para contar historias interesantes capaces de influír no subconsciente, sen perder de vista a idade para a que están dirixidos os espectáculos. Así, as propostas para os más cativos e cativas réxense polos mesmos parámetos, realizándose os máximos esforzos para mellorar as condicións mediantes as que os cativos e cativas acceden, quizabes, por primeira vez ao teatro. No caso de "Río de Luna", a duración prevista do espectáculo é de 40 minutos, o director e autor é Omar Meza e os intérpretes son Iván Montardit e Rosa María Herrador.