O PRÓXIMO CURSO TERÁ CAPACIDADE PARA 164 NENOS E NENAS
Carballo multiplica a súa oferta de prazas públicas para cativos de 0 a 3 anos coa posta en marcha da Escola Infantil A Braña
Venres 13 de abril do 2012
O presidente da Deputación provincial, Diego Calvo, quixo tamén redundar na idea de colaboración entre administracións, especialmente na conxuntura actual. "Así é como conseguimos evitar duplicidades", explicou, engadindo que "está demostrado que, traballando xuntos, os resultados son mellores". A colaboración para a posta en marcha da Escola Infantil traduciuse en que a Deputación e o Concello de Carballo asumiron o financiamento da obra, mentres que a Consellería de Traballo e Benestar, a través do Consorcio, será quen asuma parte do mantemento do servizo. Segundo un acordo entre o Concello e Igualdade e Benestar, a administración local contribuirá ao financiamento do funcionamento da Escola Infantil, que ten un custe de 475.000 euros ao ano, mediante a achega dun terzo dos gastos totais da xestión. As 103 prazas ofertadas na escola "A Braña" (con dúas unidades para aulas de nenos e nenas de 1 a 2 anos e tres unidades para nenos e nenas de 2 a 3 anos) completan o servizo ofrecido por "As Landras", que conta con 61 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos e que leva funcionando dende o ano 2004. O novo edificio distribúese en dúas zonas principais: unha zona infantil composta por aulas e un espazo central de xogo e multiusos, no que se busca o contacto co terreo exterior para os xogos; e unha zona de adultos, que inclúe o espazo para o profesorado, un cuarto de servizo e outras instalacións. Fórum Carballo