EN NOVE PARROQUIAS DO CONCELLO
Un total de 36 novos lugares do municipio contan xa con infraestrutura de telefonía e banda ampla móbil 3G
Venres 13 de abril do 2012
O Plan de Banda Ampla de Galicia 2010-2013 busca posibilitar o acceso á banda ampla como un dos motores principais para o desenvolvemento. Para poder aportar o máximo valor, a visión de que se dispón é desenvolver e estender as novas tecnoloxías e infraestruturas de telecomunicacións de banda ampla aos cidadáns, organismos públicos e tecido empresarial de Galicia, con especial foco naquelas zonas máis desfavorecidas ou desatendidas:
- reducindo o desequilibrio territorial na cidadanía, contribuíndo á súa integración na sociedade da información.
- impulsando o sector empresarial mediante o uso das novas tecnoloxías de banda ampla como xeradoras de competitividade e innovación.
- incentivando a participación dos distintos axentes implicados.
- impulsando a modernización dos servizos públicos mediante a utilización das novas infraestruturas de banda ampla.
- motivando a coordinación dos distintos organismos públicos para a unificación de esforzos e maximizar o seu impacto.