VENRES 23 DE MARZO ÁS 21.00 HORAS NO PAZO DA CULTURA
O segundo concerto de RockCarballo pecha a oferta musical do programa dos Venres Culturais
Xoves 22 de marzo do 2012
Refugio, outro dos grupos participantes, xuntáronse por vez primeira en 2006 coa intención de facer música pop/rock con César Blanco á voz e guitarra, Sebastián Fariña á batería e Francisco Iglesias á guitarra. Logo de cinco anos en "dique seco", Refugio volta outra vez a surcar os mares da música cunha tripulante máis, a baixista Patricia Fidalgo que xunto ao ímpetu do resto dos integrantes foron quen de retomar este antigo proxecto e poñelo en marcha de novo interpretando temas propios. O grupo Versión Imposible naceu en febreiro de 2009, cando varios compoñentes doutros grupos deciden xuntarse para gozar coa música española dos anos 80, con temas coñecidos e cargados de recordos para todos os integrantes. A formación musical está integrada por Pepe (guitarrista de Tramitess), Fran (guitarrista de Los Vecinos e Portakomporta), Patricia Insua (bajista), Coco (batería de Los Vecinos y Portakomporta) e Peris (voz). Ao longo de 2010 incorpóranse á formación Feli (teclista do grupo Tramitess) e Alberto Martínez (guitarrista de Los Enkfermos, La Crema, etc.) que substitúe a Fran Cerviño. Presentación do disco "Pezas de aquí e acolá"
O último dos grupos deste RockCarballo 2012 é a banda Killer Cats que se formou en marzo de 2008, despóis de una reunión que tivo lugar uns meses antes baixo o nome de "Lembranza Rock", na que grupos locais dos oitenta e noventa, se reuniron para recordar a música que tocaban. Eso prendiu a mecha de algún dos participantes, como foi o caso dos componentes de Killer Cats. Tres dos membros desta formación pertenceron ao grupo dos oitenta Jesse James, que tocaron ao longo de catro anos percorrendo localidades galegas e deixando un gran sabor a Rockabilly en estado puro como eles mismos o denominan, que gustaba a novos e maiores polo seu estilo fresco sobre o escenario que fai que sexa un espectáculo divertido. Os componentes de este grupo rock son: Juanjo Vales, guitarra solista e voz; José Alberto Fuentes (Fifo), baixo e coros; Andrés Rey, guitarra e coros e Richie Calero, batería. A principios do més de marzo comenzaron as súas actuacións da "Xira" que eles denominan "Ahora o nunca 2012" e que agardan que os leven a unha grande cantidade de localidades.