O PREZO PARA OS 8 ESPECTÁCULOS DE SALA É DE 50 EUROS
O FIOT pon á venda os bonos a partires do 5 de outubro e as entradas e minibonos a partires do día 10
Martes 4 de outubro do 2011
A organización informa de que está previsto poñer á venda un número limitado de bonos, cun máximo de 160. Os bonos non se poderán reservar por teléfono. Así mesmo, está previsto poñer á venda un bono de estudantes para aquelas persoas que presenten o carné de estudante e para os alumnos e alumnas dos IES de Carballo que compren o bono no instituto. Tamén se aplicará un desconto para maiores de 65 anos, pensionistas e parados (presentando documentos que acrediten a súa condición). En todos os casos enumerados anteriormente, o prezo do bono é de 45 euros. Respecto dos minibonos, tampouco se poderán reservar por teléfono e distribúense do seguinte xeito:
- Minibono A: días 14, 15, 16 e 21 de outubro: 29 euros
- Minibono B: días 22, 29, 30 e 31 de outubro: 32 euros
No que se refire á venda e reserva de entradas soltas para os espectáculos de sala, os prezos son os seguintes:
- Entradas a 6 euros: "Torvaldo furioso" (día 14); "Wonderland" (día 21); "Oeste solitario" (día 22) e "Plecs" (día 29)
- Entradas a 8 euros: "O florido pénsil" (día 15) e "Time al tiempo" (día 30)
- Entrada a 12 euros: "Muu!" de Yllana o día 16
- Entrada a 15 euros: "La violación de Lucrecia" o día 31
Entradas para o ciclo OTNI
Os espectáculos do ciclo OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado), dedicados ao teatro máis innovador e experimental e incluso de pequeno formato, non están incluídos no Bono de 50 euros. Porén, os abonados terán un desconto de 1 euro no prezo da entrada para cada un dos 3 espectáculos incluídos no ciclo. Os prezos ordinarios son os seguintes:
- Entradas a 3 euros: Lusco e Fusco (día 20) e Desastronauts (día 23)
- Entrada a 4 euros: Macarena recuerda Sheperd (día 28)
Os interesados en adquirir entradas, bonos e minibonos deben dirixirse ao despacho de billetes das Oficinas de Cultura do Pazo da Cultura (Rúa do Pan, s/n) nos seguintes horarios:
- Do 5 ao 14 de outubro: todos os días mañá e tarde de 12.00 a 14.00 e de 18.30 a 20.00 horas (excepto os días 8, 9 e 12 de outubro)
- A partires do 17 de outubro: todos os días pola mamá e os mércores e os xoves pola tarde; de 12.00 a 14.00 e de 18.30 a 20.00 horas
- Os días de representación as entradas poden recollerse ou mercarse no despacho de billetes situado a carón do auditorio do Pazo da Cultura en horario de 19.30 a 20.30 horas
Hai que aclarar que, aínda que os bonos e minibonos non poden ser obxecto de reserva, as entradas si poden selo no teléfono 981 704 300 nos horarios arriba mencionados. Os interesados e interesadas poden consultar o programa do FIOT ao completo nun documento en pdf nesta mesma nova.