AS INSTALACIÓNS CONTAN CON MAIS DE 7.000 USUARIOS
Os complexos deportivos municipais de Carballo xa están equipados con desfibriladores para o inicio do novo curso
Xoves 8 de setembro do 2011
Hai que lembrar que o Padroado Deportivo Municipal pon en marcha as súas actividades nos complexos deportivos Vila de Noia e Carballo Calero a partir do luns 12 de setembro. Entre elas hai que subliñar cursos de natación para cativos e para adultos, cursos de natación terapéutica ou para embarazadas, aquagym ou cursos de natación para maiores de 60 anos. A eles hai que engadir a ximnasia de mantemento para adultos ou a actividade da sala fitness da piscina Carbalo Calero. Para obter máis información sobre os cursos, premer aquí. Tamén é posible informarse nas oficinas Carballo Deporte do Padroado Deportivo Municipal situadas na rúa Vila de Corcubión ou no teléfono 981 702 109.