MÁIS DE 400 INSCRITOS NA I CARREIRA POPULAR DO CONCELLO
A praia de Razo acolle o 4 e 5 de xuño o II Open de Kayaksurf, válido para a Copa de España e para a Copa Galega
Venres 3 de xuño do 2011
A maiores das categorías de veteranos e senior, correranse as de escolares de alevíns, infantís, cadetes e xuvenís. A participación prevista para estas categorías é duns 600 mozos e mozas de idades entre os 11 e os 17 anos. Así mesmo, as inscricións aínda poden formalizarse por calquera dos seguintes procedementos. Os datos necesarios son: nome, apelidos, DNI, Club ou independente, ano de nacemento e teléfono:
- Web: Click aquí.
- Teléfono: 981 702 109 (de luns a venres de 8.30 a 14.00 horas e de martes a xoves de 17.00 a 19.00 horas)
- Presencial: Nas Oficinas do Padroado Deportivo Municipal de Carballo, na rúa Vila de Corcubión, s/n.
O Día da Bicicleta e a IX Marcha BTT
Tamén hai que lembrar que o Club Ciclista Monteneme de Carballo organiza o sábado 4 de xuño a IX Marcha BTT da Costa da Morte, con saída na fábrica de Conservas Calvo de Carballo ás 16.00 horas. Así mesmo, o domingo ás 10.30 horas Carballo acolle o Día da Bicicleta, organizado por "La Voz de Galicia" e que cada ano mobiliza a numerosos veciños e veciñas. O punto de partida é a Praza do Concello e a saída do pelotón está prevista para as 11.00 horas. A ruta pasará pola rúa Coruña, praza de Galicia, Poñente, Perú, Haley, carril bici da estrada de Razo, Vilar de Uz, carril bici da estrada de Malpica, avenida de Ponte da Pedra e de novo cara ao Haley, onde ten lugar o avituallamento. A partir de aí, os ciclistas continúan polas rúas Luis Calvo, Barcelona, Fomento, Río Anllóns, Milagrosa, Berdillo, As Labradas, Añón de Bértoa, O Fondal, Ferradal, Vila de Negreira, Álvarez de Sotomaior e, finalmente, na Praza do Concello, onde ten lugar o sorteo de agasallos.
Por último, nunha fin de semana cargada de propostas deportivas, non hai que esquecer que o sábado 4 ás 17.00 horas é a festa do deporte escolar de Carballo coa celebración na Praza do Concello de Xogar na Rúa. E o domingo 5 a partires das 9.30 horas, o campo das Eiroas acolle a fase final do II Torneo de Fútbol 11 Autonómico, que se disputa ao longo de todo o ano e do que saen os clubs galegos que participarán na fase final do VII Torneo Fútbol 7 Alevín Concello de Carballo.