INVESTIMENTO DE 432.585 EUROS
Adxudicación provisional dos contratos para a construción de beirarrúas en Rus, Ardaña e Entrecruces
Luns 25 de outubro do 2010
No caso do contrato de obra para o "Acondicionamento de viais nas parroquias de Goiáns, Bértoa, Cances e Carballo", a adxudicación provisional recaeu en Exoga (Excavaciones y Obras Públicas de Galicia SL), cun prezo de adxudicación de 90.509,40 euros e un prazo de execución de tres meses. O contrato de obra para crear "Beirarrúas en Canosa, parroquia de Rus" adxudicouse por 141.436,76 euros, sendo a empresa Construcciones Alejandro Martínez e Hijos SL; o prazo de execución dos traballos é de cinco meses. No que respecta ás "Beirarrúas en Ponte Rosende-Igrexa de Ardaña", a empresa na que recaeu a adxudicación provisional é, de novo, Exoga por 164.020 euros; o prazo de execución previsto é de cinco meses. Por último, o contrato de obra "Beirarrúas en Taboada, parroquia de Entrecruces" tivo un importe de adxudicación de 36.620,44 euros e a adxudicación provisional é para Alejandro Martínez e Hijos SL cun prazo de execución de tres meses.
Hai que lembrar que este ano a Deputación da Coruña, como algo excepcional para combater a crise, permitía destinar até o 50 por cento do importe do POS para gasto corrente. No caso do Concello carballés, destinarase a diferencia entre os 432.585 euros e o importe total do plan. No relativo á Xunta de Goberno, na xuntanza abordáronse tamén outros asuntos na orde do día, como son a concesión de dous vaos permanentes, un na rúa Fábrica e outro na rúa Méndel; a concesión de seis licenzas de obra: dúas para a construción de vivendas unifamiliares, dúas para o reformado de proxectos -un dunha vivenda unifamiliar e outro para a creación dun edificion de 20 vivendas na rúa Luis Calvo-, unha para a legalización dunha nave industrial e outra para o modificado da licenza dun galpón; e a concesión de dúas licenzas de obra e apertura: unha para a a apertura dunha tenda de complementos na rúa Valle Inclán e outra para a apertura dunha zapatería na rúa Luís Calvo.