Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de douscentos xogadores participan no...

MARTES 12 DE OUTUBRO NO PAVILLÓN BERGANTIÑOS

Máis de douscentos xogadores participan no VI Torneo de Baloncesto Festa do Pilar

Venres 8 de outubro do 2010

O Torneo volve este año aos seus orixes, deixando as seleccións galegas para centrarse nos equipos locais e crear un ambiente alegre e incluso emotivo. Así, Moreira subliña a disputa do partido das 19.00 horas do martes entre os cadetes do Artai e ex xogadores de hai anos, unha cita na que se unen os xogadores actuais coas primeiras xeracións do equipo, cando aínda adestraban nas instalacións da rúa Álvarez de Sotomaior do centro carballés. Son rapaces que incluso están xa na universidade e que volven a xogar nun encontro que se converte tamén nunha homenaxe. En canto á normativa, a organización especifica que os xogadores deben achegar o equipamento e o material de aseo, que deben estar no pavillón dende media hora antes do inicio dos encontros e que haberá unha foto con todos os participantes ao rematar os partidos de mañá e os da tarde. Así mesmo, a categoría benxamín distribúese en prebenxamín B, para alumnos de 2º de Primaria; benxamín A, para os de 3º e 4º de Primaria; e benxamín C e D, para xogadoras de 2º, 3º e 4º e Primaria.

O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixo subliñar na presentación do Torneo que xa hai seis anos que se celebra esta cita que ten unha continuidade no tempo e felicitou á organización polo seu labor. Así mesmo, o Alcalde, Evencio Ferrero, valorou o "altísimo nivel deportivo dun pobo como Carballo" que no seu momento apostou por desenvolver escolas das distintas modalidades deportivas. Subliñou a importancia do Club de Baloncesto Artai e da Escola de Básket Xiria como "as dúas escolas deportivas de baloncesto por excelencia de Carballo e de toda a comarca" e manifestou a súa satisfacción por ver que "prenden este tipo de xornadas", o que marca "o indicativo perfecto da excelente saúde deportiva do Concello". Por último, o Alcalde desexou que o labor destas escolas permita que cada vez máis xogadores do equipo sénior de baloncesto da vila procedan de Carballo. Os encontros son nas pistas 1, 2 e 3 pola mañá ás 10.30 e ás 12.00 horas e na pista central pola tarde ás 16.00, ás 17.30 e co peche ás 19.00 horas co partido entre o CB Artai de cadetes e os ex xogadores do mesmo equipo.

Compartir: