Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comeza a venda de bonos para o FIOT 2010: 37...

A PARTIRES DO MARTES 5 DE OUTUBRO

Comeza a venda de bonos para o FIOT 2010: 37 euros para os sete espectáculos de sala

Luns 4 de outubro do 2010

A distribución dos espectáculos dentro dos minibonos é a seguinte: MINIBONO A: para os días 16, 22, e 23 de outubro: 12 €; MINIBONO B: para os días 29, 30, 31 de outubro e 1 de novembro: 27 €. En canto á venda e reserva de entradas únicas, poderá realizarse así mesmo a partires do 8 de outubro nas oficinas do Pazo da Cultura. A reserva de entradas manterase ata as 19.30 horas do mesmo día da función. A partir dese momento poñeranse á venda. Os prezos para as entradas soltas dos espectáculos de sala son os seguintes. Todos os espectáculos de sala 5 €: ‘Un cranio furado’ (día 16), ‘La función por hacer’, ‘Volpone’, ‘Los cazadores de Thè’ e ‘Tercer cuerpo’. As excepcións son ‘Ricardo III’ (31 outubro): 8 €; e ‘Karaoke’ (1 de novembro): 12 €. O novo ciclo OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado) non está incluído nos prezos dos bonos e mini bonos, aínda que os abonados recibirán un desconto dun 50 por cento da entrada en cada unha das representacións. O importe íntegro é de 3 € para ‘Adúlteros desorientados’ e ‘M3’, e de 4 € para ‘Los corderos’.

O horario das oficinas do Pazo da Cultura para a venda de entradas, bonos é minibonos é o seguinte: Do 5 ao 15 de outubro: todos os días mañá e tarde. De 12.00 a 14.00 horas e de 18.30 a 20.00 horas (excepto os días 9, 10 e 12 de outubro); A partir do 18 de outubro: todos os días de mañá e os mércores e os xoves pola tarde. De 12.00 a 14.00 horas e de 18.30 a 20.00 horas. Os días de representación no despacho de billetes de 19.00 a 20.30 horas. Os interesados e interesadas en obter máis información poden facelo nas oficinas do Pazo da Cultura, na Rúa do Pan s/n de Carballo, ou no teléfono 981 704 300, así como na páxina web do FIOT: www.fiot.org. O FIOT tamén está en Facebook: FIOT Festivaloutonoteatrocarballo. Por outra banda, a organización tamén quere difunfir a programación do FIOT a través de vídeos promocionais. Poñemos a disposición dos interesados e interesadas un dos clips dispoñibles en Youtube:

Compartir: